Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A resposta sexual é a forma de responder ante os estímulos que provocan o desexo, tanto dende un punto de vista físico, como dende un punto de vista máis íntimo e persoal. A resposta sexual consta de varias fases. Non son fases "automáticas"; é dicir, só porque te "poñas en marcha" non tes por que chegar ao último paso necesariamente. Requírese un fluxo constante de excitación e estimulación para ir pasando dunha fase a outra.
Fase de desexo
É unha fase "mental". Para excitarse sexualmente hai que estar interesado no sexo: pensar niso, sentir curiosidade e, en xeral, desexalo.
Fase de excitación
Cando te excitaches "mentalmente", o cerebro envía mensaxes que producen certos cambios no corpo, que son involuntarios e indícannos o comezo da excitación. Os máis importantes son:
NA MULLER
Comeza a lubrificación vaxinal, é dicir, a vaxina humedécese. A parte interna da vaxina expándese.
Os beizos maiores ábrense e crecen.
Afluencia de sangue aos xenitais, que fai que o clítoris se inche e se achegue ao óso púbico. Cando está excitado, o clítoris é moito máis sensible ao tacto.
As mamilas tamén poden incharse e quedar erectas. A respiración acelérase, aumenta o ritmo cardíaco e prodúcese tensión muscular.
NO HOME
Afluencia de sangue ao pene, provocando a súa erección.
Aumento de tamaño dos testículos, que se elevan, quedando pegados ao abdome. Os xenitais escurécense pola afluencia de sangue.
Erección das mamilas, aceleración da respiración e do ritmo cardíaco e tensión muscular, igual que na muller.
Meseta
Os cambios da fase anterior alcanzan un máximo e mantéñense así durante un tempo, para logo dar paso a algúns cambios:
Na muller o clítoris escóndese e apenas se palpa.
No home as glándulas de Cowper segregan un líquido que pode conter espermatozoides, chamado líquido preseminal.
Orgasmo
É a fase na que se liberan todas as tensións sexuais acumuladas. É difícil de describir, porque hai moitos tipos diferentes. Cada persoa é diferente e vive o pracer dunha forma distinta. Aínda que é máis intenso, o orgasmo non dura tanto como as outras fases da excitación, que poden ir duns minutos a unhas horas. Un orgasmo, polo xeral, dura entre 2 e 10 segundos. Sucede cando a tensión muscular e a sensación de plenitude alcanzan o seu punto máximo e libéranse. Como?
NA MULLER, a miúdo prodúcense unhas contraccións involuntarias que irradian dende os xenitais, o útero e o ano. Acompáñanse dunha gran sensación de pracer, que cada muller pode vivir e describir de formas distintas: coma unha cambra, coma unha acumulación de tensión e rixidez seguida dunha explosión, coma un alivio, coma unha corrente de sensacións cálidas...
NO HOME, expúlsase o seme, grazas ás contraccións dos xenitais internos, acompañadas tamén dunha intensa sensación de pracer. O orgasmo adoita coincidir coa exaculación.
Fase de resolución
Hai unha sensación de relaxación en todo o corpo, que indica a volta ao estado normal. O sangue abandona a área xenital, os xenitais volven ao seu tamaño e posición orixinais, a respiración cálmase e a tensión arterial volve ao seu nivel normal.
NO HOME, tras o orgasmo, pasa un tempo (período refractario) durante o cal non é capaz de ter outro orgasmo.
A MULLER, en cambio, si pode alcanzar outro orgasmo se volve ser estimulada.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible