Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
Ata o 22/11/2024
ata as 14.00 h.
A Facultade de Bioloxía da Universidade de Murcia convoca unha nova edición do seu concurso de debuxo científico, dentro dos actos da XXXVIII Semana da Bioloxía.
Ata o 20/12/2024
ata as 14.00 h.
A Facultade de Bioloxía da Universidade de Murcia convoca unha nova edición do seu concurso de fotografía biolóxica, dentro dos actos da XXXVIII Semana da Bioloxía.
29/11/2024
O CEIDA organiza a presentación da Guía micolóxica básica da provincia de Lugo no Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga.
Ata o 30/11/2024
Culture Moves Europe ofrece subvenciones a artistas, profesionales culturales y organizaciones anfitrionas en todos los países de Europa Creativa que trabajan en los sectores de la arquitectura, el patrimonio cultural, el diseño y el diseño de moda, la traducción literaria, la música, las artes escénicas y las artes visuales.
Dende o 21/11/2024 ata o 04/12/2024
O Concello da Coruña convoca un mínimo de 25 bolsas para realizar 1º de bacharelato en Canadá, de cara a mellorar as competencias lingüísticas do alumnado matriculado en 4º da ESO durante o curso 2024-2025 nun centro educativo da cidade.
30/11/2024
Concerto de Concentus Cruniensis Ensemble de Cámara a beneficio da Cociña Económica. Terá lugar na igrexa de Santiago.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible