O director de cinema Isaki Lacuesta elixirá os integrantes do equipo técnico dun proxecto de curtametraxe que se rodará e editará durante os días de realización do encontro e que se proxectará durante a clausura do festival.
Participantes maiores de idade, que se dedican ou queren dedicarse profesionalmente ás diferentes especialidades que interveñen no proceso cinematográfico.
Dende o 03/10/2013 ata o 05/10/2013
Xa rematou
Toda a xornada, en función do cargo que se vai desempeñar.
Do xoves 3 ao sábado 5
Gratuíto, logo da previa inscrición.
Prazas limitadas, 5 - 10 en función das necesidades do director.
O director escribirá o guión da curtametraxe e darao a coñecer ao resto do equipo con anterioridade á realización da actividade.
Os participantes deberán ser profesionais e/ou estudantes das seguintes disciplinas:
- Dirección.
- Produción.
- Dirección de fotografía.
- Son.
- Montaxe.
Para poder participar é preciso enviar a corunafilm@coruna.es a ficha de inscrición da actividade onde se requirirá a seguinte información:
- Biofilmografía.
- Links aos seus traballos máis significativos.
- Razóns polas que consideran que o festival debe elixir o seu perfil para participar na rodaxe da curtametraxe.
O director seleccionará entre os participantes a un xefe de equipo por cada unha das disciplinas; no caso da especialidade de dirección, o participante seleccionado desempeñará o cargo de Axudante de Dirección na rodaxe da curta.
Ademais, o director poderá ampliar o equipo de rodaxe elixindo o número de axudantes e auxiliares que sexan necesarios segundo do guión proposto.
Os participantes elixidos viaxarán á Coruña antes da realización do encontro e gozarán da enriquecedora experiencia de traballar co realizador rodando unha curtametraxe na cidade.
En 36 horas, o equipo deberá traballar na preprodución do proxecto, na rodaxe da curtametraxe e na edición do resultado final.
A organización non cubre os gastos de aloxamento nin o traslado á Coruña no caso de que os participantes residan fóra da cidade, pero si enviará información útil e calquera documento ou certificado que os participantes puidesen necesitar.
Isaki Lacuesta (Xirona, 1975). Licenciado en Comunicación Audiovisual, e Máster en Documental de Creación, hai quen di que é un dos nosos cineastas “máis libres e heterodoxos” e que no seu cinema, transgresor e experimental, “as fronteiras entre a ficción e o documental difumínanse para narrar o contraplano das historias”. Con máis dunha trintena de curtametraxes ás súas costas e 17 premios nos festivais máis importantes -entre eles a Cuncha de Ouro en San Sebastián por Los pasos dobles (2011) ou os galardóns en Sitges pola súa primeira longametraxe, Cravan vs. Cravan (2000)-, compaxina a dirección cinematográfica coa docencia nas universidades Pompeu Fabra, a Autónoma de Barcelona, Universidade de Xirona e o Centro de Estudos Cinematográficos de Cataluña, ademais de escribir artigos sobre cinema, música e literatura. Entre as súas películas figuran La leyenda del tiempo, Los condenados, La noche que no acaba e El cuaderno de barro. Actualmente roda en cooperativa Murieron por encima de sus posibilidades, unha comedia negra coral “con vocación berlanguiana” sobre cinco psicópatas que, indignados pola situación, secuestran o presidente do Banco Central de España.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible