Concello da Coruña

Concello da Coruña

AGRA DIRECTO. FOTOGRAFÍA

En FOTOGRAFÍA, durante a semana do 6 ao 16 de outubro, o Festival Agra Directo poñerá o foco na imaxe, desenvolvendo o proxecto fotográfico documental AgraFoto, no que tres fotógrafos da Coruña uniranse para captar en imaxes a realidade actual do barrio e traballar na documentación da vida da súa cidade.

A quen vai dirixido?:

Público en xeral.

Cando:

Dende o 06/10/2014 ata o 12/10/2014

Xa rematou

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuítas.

Requisitos:

As actividades requiren inscrición previa en agradirecto@coruna.es. Consulta o formulario de inscrición previa dentro da ficha de cada actividade.

O prazo de inscrición finaliza 2 días antes do comezo de cada actividade.

No caso de inscrición de menores, é necesario achegar unha autorización asinada de pai/nai ou titor/a.

Páxina web:

http://www.coruna.es/agradirecto

Agra Directo é tamén un foco de difusión de arte emerxente e un trampolín para creadores locais que mostrarán proxectos artísticos de maneira aberta e gratuíta nas rúas, prazas e comercios do barrio contando coa participación de todos os veciños.

A sección oficial divídese en CATRO EIXOS TEMÁTICOS, un por cada unha das catro semanas do Festival: Arte urbana, Fotografía, Sostenibilidade e Artes escénicas.

SEGUNDA SEMANA: FOTOGRAFÍA

Do 6 ao 10 de outubro, Jesús Madriñán dirixirá o taller Unha viaxe a través do retrato, no que os veciños do barrio fotografarán e serán fotografados na rúa Barcelona; Luís Díaz Díaz impartirá o taller Espazos con memoria, no que se ensinará a identificar e inmortalizar espazos colectores de memoria comunitaria no barrio; e por último, Amador Lorenzo dará as claves no taller Barrio habitado para crear imaxes cun alto poder narrativo que reflictan o día a día dos habitantes do barrio e a forma en que estes viven e se relacionan.

As fotografías resultantes dos tres talleres conformarán exposicións temporais nas rúas do barrio.

O 11 de outubro cerrarán as actividades da semana dedicada á fotografía dúas actividades didácticas arredor da imaxe: un taller infantil de construción de cámaras estenopeicas, impartido pola Escola Posición B, onde 15 nenos de entre 5 e 12 anos construirán a súa propia cámara co uso dunha caixa de cartón; e un taller de escritura para fotógrafos, a cargo do xornalista e escritor Doménico Chiappe, no que 20 profesionais aprenderán a escribir cun estilo literario textos que complementen e enriquezan o seu traballo fotográfico.

Todas as actividades requiren inscrición previa na web do festival ou presencialmente no Centro Ágora.

Agra Directo forma parte do proxecto Urbana C da Concellería de Cultura do Concello da Coruña co financiamento dos fondos europeos FEDER.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión