Festival de artes plásticas e música electrónica.
28/04/2012
Xa rematou
de 21.00 a 00.00 h.
Entrada libre.
ARTEC é un encontro entre arte e música no que se dan cita as últimas tendencias. O seu obxectivo diferenciador é ofrecer cultura e novas formas de lecer á cidadanía xerando debate, nun ambiente distendido e especialmente divertido.
Artec Primavera2012 será unha noite máxica, coa experiencia única de gozar dunha mestura perfecta da arte e a música máis recente, desenvolvida por creadores emerxentes e de prestixio internacional, no patio cuberto e o xardín exterior das nosas instalacións. Dous directos musicais encargaranse de dar son ao evento no que unha coidada selección de artistas plásticos intervirá transformando o espazo.
ARTISTAS MUSICAIS:
FUNCKARMA (Holanda)
MWËSLEE (España)
ARTISTAS PLÁSTICOS:
NEBULAE (España)
RITA RODRÍGUEZ (España)
CARLOS MACIÁ (España)
CHRISTIAN GARCÍA BELLO (España)
Máis información en:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible