Información sobre os campamentos de nadal de Ágora e Fórum. A inscrición farase de forma presencial por rigorosa orde de chegada, tal e como se indica no folleto adxunto.
Para público en xeral
Dende o 24/11/2015 ata o 11/12/2015
Xa rematou
Dende o 30/11/2015 ata o 11/12/2015
35 € por participante e quenda.
Ampliación de horario: 5 €
Nacid@s entre o 1-1-2003 e 31-12-2011. Faranse grupos por idades.
A oferta de actividades para a época do Nadal pasa a ocupar parte do tempo de lecer dos nenos e nenas da nosa cidade a través de todo tipo de actividades motrices, producións plásticas, musicais, teatrais, de expresión oral e escrita... tendo como principal obxectivo a relación grupal entre as/os participantes e o descubrimento da contorna urbana máis próximo, ademais de dar resposta ás necesidades das familias unha vez comezadas as vacacións de Nadal.
Inscrición/datas
- Inscrición: a partir do 30 de novembro (ata completar prazas)
Horarios
Duración
Os días 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de decembro e 4 e 5 de xaneiro, con actividades de luns a venres, de 10:00 a 14:00 h.
Realizarase unha pequena pausa de 11:45 a 12:00 para tomar un xantar, que traerá cada participante.
As familias que o desexen poderán solicitar a ampliación de horario de 9:00 a 10:00 h, no momento da inscrición.
Temática:
Moito antes de que aparecesen Spiderman, Catwoman, Superman, A Muller Marabilla ou O Capitán América, xa tiñamos na mitoloxía grega moitos superheroes. Eran homes e mulleres excepcionais con capacidades sobrehumanas, que poñían toda a súa forza, coraxe e astucia ao servizo dos demais.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible