Do dó ao si, pasamos por todas as notas musicais unha e outra vez para cantar e cantar neste espectáculo musical.
Familias
Familias, Para público en xeral
23/03/2019
Xa rematou
Dende o 18/03/2019 ata o 23/03/2019
A inscrición comezará ás 10.00 h. Para nenas/os de 1-3 anos, acompañadas/os dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. Se por algún motivo non se puidese vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
12.30 horas
40 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
De balde e con inscrición previa
Cantaremos porque si, cantaremos para mostrar o noso amor, para desafogarmos, renacermos, compartirmos, revivirmos, sentirmos, imaxinarmos, atopármonos... Porque nos gustan as cantigas e cantar nos fai ser máis felices.
A actividade desenvolverase no escenario do auditorio do Centro Ágora e haberá dous pases: ás 11.00 e ás 12.30 horas.
Organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible