Proxectaremos as mellores obras dos festivais internacionais. Cada mes unha nova historia.
Para público en xeral
Os días 01/09/2020 á 01:00 , 06/10/2020, 03/11/2020, 01/12/2020
Xa rematou
20.00 h
Pídese puntualidade. Unha vez que comece a proxección non se permite acceder á sala.
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Entrada: 2,50 euros e 2,00 euros (para maiores de 65, persoas desempregadas e carné xove)
** Para prezos reducidos, sen o documento que acredite o desconto, non se permitirá acceder á sala.
Será de OBRIGADO cumprimento:
• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.
• O uso da butaca asignada polo persoal de sala. Non se permite o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.
RECOMÉNDASE:
• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade.
O primeiro martes de cada mes, ás 20.00 h, estrearemos na gran pantalla do auditorio do Centro Agora unha película documental de calidade, de temática e procedencia diversa, en versión orixinal subtitulada en castelán e para persoas xordas.
+ Info: www.eldocumentaldelmes.com
Honeyland de Ljubomir Stefanov
Macedonia do Norte - 2019 - 85 min. V.O. en dialecto turco, subtitulada en castelán
Marwa, pequena e valente (Tiny Souls) de Dina Naser
Xordania, Qatar, Francia e Líbano - 2019 - 85 min. V. O. en árabe, subtitulada en castelán
Robots. As historias do amor do futuro de Isa Willinger
Alemaña - 2019 - 90 min. V. O. en inglés, xaponés, italiano e alemán, subtitulada en castelán
Overseas de Sung-A Yoon
Bélxica, Francia - 2019 - 90 min V. O. en inglés, tagalo e ilongo, subtitulada en castelán
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible