Paco Plaza e a actriz Leticia Dolera falarán sobre a súa filmografía nun diálogo distendido no que o público tamén poderá tomar a palabra.
05/10/2013
Xa rematou
20 h.
Libre ata completar o aforamento.
Leticia Dolera é actriz e directora. Comezou a súa carreira na serie Al salir de clase (2000-2002). Axiña despuntou como actriz e empezou a participar nas súas primeiras longametraxes (El otro lado de la cama, Besos de gato ou Semen: una historia de amor). No 2012 protagoniza dúas importantes longametraxes da súa filmografía: [REC] 3: Génesis (dirixida por Paco laza) e De tu ventana a la mía (dirixida por Paula Ortiz). Ambas as películas valéronlle o premio Sant Jordi á mellor actriz. Como directora de curtametraxes destacan os títulos Habitantes (2013), A o B (2010) e Lo siento te quiero (2009).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible