O día 17 de decembro de cada ano celébrase en Galicia o "Día da Edición" en coincidencia coa data de nacemento do editor Ánxel Casal (A Coruña, 17 de decembro de 1895) e como recoñecemento ao seu gran labor de edición de libros.
17/12/2014, de 10:30 a 21:00
Xa rematou
Gratuíto.
Organizada pola Asociación de Editores Coruñeses, co patrocinio da Deputación da Coruña e do Concello da Coruña.
PROGRAMA:
XORNADA ESCOLAR: (Auditorio)
Inscrición de grupos escolares: ata o 12 de decembro en editorescoruneses@gmail.com
13.00 h. INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN "A EDICIÓN HISTÓRICA NA CORUÑA" (do 17 ao 30 de decembro).
XORNADA ABERTA AO PÚBLICO (Auditorio)
A ASOCIACIÓN DE EDITORES CORUÑESES, recentemente creada na cidade da Coruña, trata de poñer en valor e recoñecer a gran tradición editorial histórica coruñesa, iniciada no ano 1885 co selo editor Biblioteca Gallega, de Juan Fernández Latorre e Andrés Martínez Salazar, e continuada posteriormente no ano 1924 coa editorial Lar e en 1927 coa editorial Nós, fundada esta última por Ánxel Casal, quen a converte na primeira grande editora galega moderna.
Na actualidade, a Asociación de Editores Coruñeses está formada por: Hércules de Ediciones, Editorial Trifolium, Biblos Clube de Editores, Ediciones del Viento, Edicións Espiral Maior e Edicións Embora.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible