O centro Ágora ten entre o seu plan funcional a organización e presentación de diferentes exposicións temporais para poñer ao servizo da sociedade a arte en particular e a cultura en xeral como ferramenta para o progreso social. O obxectivo é por unha banda presentar as realizacións e prácticas da arte actual á vez que achegar a diferentes sectores da cidadanía unha serie de temáticas de actualidade que son decisivas nos nosos días. Así, pois, o Centro Ágora é un espazo de difusión, reflexión e debate de temas sociais, educacionais e artísticos a través de diferentes facetas tales como talleres, conferencias e, por suposto, exposicións. Estes temas son os organizadores da programación que non debe obedecer a secuencias de mostras illadas nin a actividades desconectadas senón que se ha organizar seguindo as liñas temáticas (nin excluíntes nin estancas) que están explicitadas no modelo de centro (pdf descargable) e que inclúen cuestións de ecoloxía, multiculturalidade, cuestións de xénero, aspectos relacionados coa produción cultural, experimentación, hibridación e reflexións críticas sobre diversas facetas da nosa historia recente.
Sen resultados.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible