A estrea da obra da actividade "AGRA A ESCENA" serve de broche final ao festival, nun acto que congregará no Ágora a todos os veciños e persoas que fixeron posible Agra Directo.
Público interesado.
26/10/2014, de 19:00 a 21:00
Xa rematou
De 19.00 h.
Entrada libre ata completar a capacidade.
A compañía Teatro del Andamio dirixe a creación e interpretación colectiva dunha peza teatral ao longo dunha semana. Da súa man, 16 veciños do barrio atrévense a subir ao escenario e convértense así en actores improvisados, despois de traballar sobre as escenas e personaxes propostos. Co teatro como soporte, as persoas participantes nesta actividade aprenden a recoñecerse a si mesmos, a asumir responsabilidades, a respectar o outro por moi distinto que sexa e a confiar nos demais e no equipo.
A estrea da obra serve ademais de broche final ao festival, nun acto que congregará no Centro Ágora a todos os veciños e persoas que fixeron posible Agra Directo.
QUEN: Compañía Teatro del Andamio http://www.teatrodelandamio.com/ e un equipo de 16 persoas (8 home e 8 mulleres).
ONDE: Auditorio do Ágora.
Actividade sen inscrición previa.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible