Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Lina e Lola

Lina e Lola son herdeiras daquelas mulleres de pegada inesquecible que cantaron na sementeira e na esfollada, nas labradas do mes de abril, cocendo pan, atando as viñas ou facendo a augardente e, por suposto, nas festas: os domingos de verán, nos cruzamentos de camiño; no inverno, nos seráns, festa de pandeiretas por excelencia e canteira de bailadores.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

24/04/2025

Xa rematou

Horario:

18.00 h

Duración:

70 min

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Este festival, como todas as actividades do programa "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto. O programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación Veciñal Agra.

Organiza:

Organizadora: Asociación Veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"

Contacto:

Contacto: agra@galizacultura.gal

Veñen dende O Morrazo e están dirixidas por Nébeda Piñeiro.

Colaboraron cos grupos Caamaño&Ameixeiras, Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, Ailá, Xurxo Fernandes e Pardal na Rúa.

Ao longo dos últimos anos gañaron numerosos premios en concursos de música tradicional galega, entre os que destacan os primeiros premios nos concursos organizados por Xiradela, Xacarandaina, Soalleira ou Traspés.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible