Concello da Coruña

Concello da Coruña

#LunsDeEncontros: Presentación da novela "O libro do poder"

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de lle ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

28/10/2024

Inscricións:

Acceso libre até completar a capacidade

Horario:

De 19.00 h. a 20.00 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

O luns 28 de outubro ás 19 h. na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano teremos a presentación da novela "O libro do poder" de Xohán Xabier Baldomir Cabanas publicado por Íbera Ediciones.

O acto será presentado pola bibliotecaria Vanesa Santiago.

Biografía:

Xohán Xabier Baldomir Cabanas naceu en Culleredo no ano 1983 e, nese mesmo concello, exerce como profesor de ensino secundario.

Doutor en Filoloxía Galega pola Universidade da Coruña desde o ano 2010, a maioría das súas publicacións foron ensaios relacionados coa historia e coa literatura galega, nas cales se dedicou principalmente a abordar temas pouco estudados ou esquecidos (os Séculos Escuros, a obra do humorista galego O Xestal, o xénero do entremés en galego,...). Tamén publicou un Breve dicionario galego de termos teatrais no 2010 e, no 2013, un libro de poemas titulado Breve poemario de Don Anónimo. No ámbito da narrativa, no 2022 deu á luz xunto coa súa irmá, María Carmen Baldomir, o título Casas enfeitizadas e outros fenómenos estraños.

O teaser da obra:

Un máxico mundo paralelo.

Un emperador tirano que derrotar.

Unha terra que liberar dentro da realidade en que viven os mitos.

Un par de adolescentes honestos que descubrirán a verdade.

Unha esperanza. Un libro. O libro do poder.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión