Concello da Coruña

Concello da Coruña

Mercedes Peón, con "Ingrávida", no AgoraSón do outono 2024

Con motivo do Día da Biblioteca e para promover a lectura en lingua galega e o préstamo de material audiovisual, o Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coas Bibliotecas Municipais do Concello da Coruña, organiza o AgoraSón 2024, con Mercedes Peón en concerto.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

26/10/2024

Xa rematou

Inscricións:

Dende o luns 21 de outubro, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.

De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (26 de outubro) a partir das 20.00 h na Conserxería do Centro Ágora.

Horario:

21.00 horas 

Duración:

70 min aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

De balde con invitación

Contacto:

Teléfono: 981 189 888

Correo: lingua@coruna.gal 

Esta edición do AgoraSón terá como protagonistas a Mercedes Peón, celebrando os seus 25 anos de traxectoria artística.

O Servizo de Normalización Lingüística, o sábado 26 de outubro ás 21.00 horas, volve organizar o concerto do AgoraSón outono (co gallo do Día da Biblioteca e para promover a lectura e o emprego de materiais audiovisuais en lingua galega), en colaboración coas Bibliotecas Municipais da Coruña.

Logo de 20 anos da estrea do seu primeiro disco, Isué, Mercedes Peón ofrécenos esta xira de Ingrávida percorrendo temas dos seus 5 discos editados en solitario, chea das influencias das recollidas de campo que fixo durante 25 anos polas aldeas, dos traballos cinematográficos ou para danza. Neste concerto estará acompañada polos grupos de pandeireteiras Raigañas, Xirifeiras, por voces líricas de ConcertoTempo, polo dúo Caamaño&Ameixeiras, Mónica de Nut e Ana Fernández, e o apoio audiovisual de Laura Iturralde. A cabalo do acústico e da electrónica, Ingrávida é unha homenaxe á persistencia da creación colectiva, que é un xeito de mirar o mundo. Neste sentido, este AgoraSón é xa un adianto á celebración das Letras Galegas 2025 que homenaxeará as cantareiras e a poesía popular oral. Mercedes Peón volve coller o sacho en directo no AgoraSón máis feminino!!

Compositora, vocalista e instrumentista galega, Mercedes Peón é considerada como unha das mulleres máis carismáticas da música actual e atesoura múltiples premios entre os que se poden salientar o Premio Nacional á Cultura da Xunta de Galicia ou o de Artista do ano para Folkword.

O evento terá lugar no auditorio do Centro sociocultural Ágora o día 26 de outubro ás 21.00 horas.

A asistencia será de balde, mais precisará a recollida previa de invitación nas Bibliotecas Municipais. 

Repartimento de invitacións

Repartiranse as invitacións, ata esgotárense, co préstamo de material en lingua galega (libros, películas, CDs de música etc.) dende o luns 21 de outubro nas bibliotecas municipais no horario de apertura de cada centro.

Faranse dúas quendas de repartimento: 

  • Horario de mañá: a partir das 9.00 h
  • Horario de tarde: a partir das 16.00 h

Consulta os horarios de cada unha das bibliotecas e do Punto de Préstamo de Mesoiro.

Repartiranse dúas invitacións por carné e son sen numerar.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión