A nova edición do festival “A fonética dos corpos”, que conforma o programa Agra no Ágora, tráenos ao barrio da Agra este espectáculo de Producións Teatrais Excéntricas en coprodución co Centro Dramático Galego. Con este proxecto Excéntricas gañou o III concurso de proxectos que convoca a Fundación Manuel María e que recibe o apoio de máis de corenta concellos e institucións de Galiza
Para público en xeral
17/10/2024
Xa rematou
20.15 h
70 min
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Este festival, como todas as actividades do programa "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto. O programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación Veciñal Agra.
Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"
agra@galizacultura.gal
O espectáculo é protagonizado por un luxoso elenco: Rocío González, Victor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez, que xa teñen conformado compañía en anteriores proxectos de Excéntricas.
O auto do Castromil está feita con anacos das obras de Manuel María: A rebelión dos baús, O auto dos semulados da Caravilla, Unha vez foi o trebón, Abril de lume e ferro e o Entremés da OTAN.
A obra acontece nunha viaxe onírica a bordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez o condutor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galiza, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Nelas aparece a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelarse de novo. Unha rebelión na que, ás veces, non temos máis armas que o humor e o espírito entroidesco. O auto do Castromil é unha viaxe en transporte público pola Galiza inconsciente.
Ficha artística e técnica
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible