A Concellería de Cultura do Concello da Coruña abre no 2017 unha liña de traballo que pretende consolidar en anos sucesivos: un plan de formación dirixido a emprendedores e axentes culturais en activo. Unha serie de talleres presenciais para que profesionais dedicados ás artes escénicas, musicais ou visuais refresquen e amplíen os seus coñecementos sobre materiais moi importantes no desenvolvemento do seu traballo.
Para público en xeral
Os días 03/05/2017, 04/05/2017, 11/05/2017
Xa rematou
Dende o 18/04/2017 ata o 28/04/2017
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
As sesións terán un enfoque eminentemente práctico que lles permita ás persoas participantes resolver a maior parte dos problemas aos que se enfrontan na súa actividade habitual, adquirindo as destrezas básicas para crecer e gañar en seguridade e rigor.
Talleres presenciais que poden facerse de maneira independente ou conxunta.
Acceso gratuíto mediante inscrición previa.
Para que a inscrición sexa efectiva é requisito indispensable que as persoas interesadas remitan un resumo curricular ao seguinte correo electrónico: formacionemprendedores@coruna.es
Prazas limitadas.
BLOQUE 1: Programas europeos: Adopción de claves para participar en proxectos innovadores de cooperación transnacional (convocatorias período 2014-2020). Formación en programas da Unión Europea a través de ferramentas e recursos para acceder ao financiamento comunitario.
Días: 3, 4 e 11 de maio
Horarios: 3 de maio de 16.00 a 21.00 h
4 e 11 de maio de 9.00 a 14.00 h
Docente: José Quevedo Santacoloma, subdirector do Grupo DEX (Desarrollo de Estrategias Exteriores), con sede en Xixón.
BLOQUE 2: Planificación e deseño de proxectos: Base conceptual e práctica a través dunha metodoloxía sólida e contrastada que permita profundar nas ferramentas de traballo máis importantes da xestión cultural: o deseño de proxectos.
Días: 22 e 23 de maio, 29 e 30 de maio
Horarios: 10.00 a 14.00 h (os catro días)
Docente: David Roselló Cerezuela, director de Nexe Cultural, prestixiosa consultora en xestión cultural con sede en Barcelona, autor do libro "Diseño y evaluación de proyectos culturales", que se poñerá a disposición das persoas asistentes.
BLOQUE 3: Fiscalidade e contratación: Profundar en coñecementos clave en temas de fiscalidade e contratación para que os proxectos culturais cheguen a bo porto.
Días: 18 e 19 de outubro
Horarios: 10.00 a 13.00 e de 15.00 a 18.00 h (os dous días)
Docente: Eva Moraga Guerrero, avogada e mediadora en Por&Para (Madrid), asesoría legal, profesional e de proxectos, formación integral, mediación e resolución de conflitos por e para a arte e a cultura.
BLOQUE 4: Modelos de negocio. Plan de empresa: Panorámica das industrias culturais e creativas, deseño de modelos de negocio, plans estratéxicos e ferramentas de márketing para o emprendemento cultural.
Días: 25 e 26 de outubro e 9 de novembro
Horarios: 25 de outubro de 16.00 a 21.00 h
26 de outubro de 9.00 a 14.00 h
9 de novembro de 9.00 a 15.00 h
Docente: José Luis López Lorente, Knowmad valenciano, emprendedor, formador, consultor en industrias creativas e culturais.
+ Información: formacionemprendedores@coruna.es
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible