Obradoiro para achegar a ciencia á rapazada dentro do centro de interese CienciaPro.
Para nenos e nenas de 9 a 14 anos.
Infantil
23/10/2024
Dende o 16/10/2024 ata o 23/10/2024
Require inscrición
De 18.30 h. a 20.00 h.
1,5 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O mércores 23 de outubro ás 18.30 h na Biblioteca Fórum Metropolitano temos un novo obradoiro de Somos Pro, para nenos e nenas de 9 a 14 anos.
Saberías dicir que é o tempo? É o mesmo para todo o mundo? É o tempo da historia o mesmo que o dos soños? Só existe un tipo de tempo?
Neste novo obradoiro de SomosPro resolveremos diferentes retos creativos como se fósemos verdadeiras donas do tempo. Coa axuda de Bastian e de Momo mergullarémonos na literatura fantástica de Michael Ende.
Aproveitaremos para visualizar o papel das mulleres na ciencia e fomentar a eliminación de estereotipos relacionados coas letras e as ciencias.
Agardámosvos na Biblioteca Fórum!
Actividade con inscrición previa.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible