Concello da Coruña

Concello da Coruña

SomosPro: Detrás do tempo

Obradoiro para achegar a ciencia á rapazada dentro do centro de interese CienciaPro.

A quen vai dirixido?:

Para nenos e nenas de 9 a 14 anos.

A quen vai dirixido:

Infantil

Cando:

23/10/2024

Inscricións:

Dende o 16/10/2024 ata o 23/10/2024

Require inscrición

Horario:

De 18.30 h. a 20.00 h.

Duración:

1,5 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

mércores 23 de outubro ás 18.30 h na Biblioteca Fórum Metropolitano temos un novo obradoiro de Somos Pro, para nenos e nenas de 9 a 14 anos.

Saberías dicir que é o tempo? É o mesmo para todo o mundo? É o tempo da historia o mesmo que o dos soños? Só existe un tipo de tempo?

Neste novo obradoiro de SomosPro resolveremos diferentes retos creativos como se fósemos verdadeiras donas do tempo. Coa axuda de Bastian e de Momo mergullarémonos na literatura fantástica de Michael Ende.

Aproveitaremos para visualizar o papel das mulleres na ciencia e fomentar a eliminación de estereotipos relacionados coas letras e as ciencias.

Agardámosvos na Biblioteca Fórum!

Actividade con inscrición previa.

Tamén che pode interesar

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión