Taller sen prazas dispoñibles, a organización poñerase en contacto cos alumnos seleccionados.
04/10/2013
Xa rematou
de 18 a 22 horas.
Aula 9.
Gratuíto, logo da previa inscrición (20 prazas).
Impartido por Jaime Chávarri.
Este taller abordará de maneira práctica a dirección de actores mediante o traballo dunha escena. Para participar neste taller, poderanse inscribir:
- Grupos integrados por un director e dous actores que esbozasen minimamente o traballo dunha escena para que poidan darlle forma no transcurso do taller. A elección do tipo de escena (se é cómica ou dramática, se pertence a unha película ou a unha obra de teatro ou mesmo se os autores do texto son os propios participantes) é libre.
- Directores ou actores que desexen presenciar o desenvolvemento da actividade para aprender as ferramentas do traballo da dirección de actores achegando o seu punto de vista, dúbidas e consultas.
Para poder participar é preciso enviar a corunafilm@coruna.es a ficha de inscrición á actividade antes do 30 de setembro.
Jaime Chávarri (Madrid, 1943) comezou no mundo do cinema escribindo crítica para a revista Film Ideal e empezou a rodar longametraxes en Super 8, ademais de ser director artístico de Víctor Erice en El espíritu de la colmena e de Carlos Saura en Ana y los lobos, e máis tarde guionista de películas como Amo mi cama rica. Aínda que a súa primeira longametraxe foi Run, Blancanieves, run (1967), a súa primeira obra comercial materializouse en 1973 co título Los viajes escolares, continuada dalgún modo en 1985 en El río de oro. Exitosas e recoñecidas foron A un dios desconocido, Dedicatoria ou o documental El desencanto, sobre a familia de Leopoldo Panero, producidas por Elías Querejeta. E posteriormente as adaptacións de novelas como Las bicicletas son para el verano, Tierno verano de lujurias y azoteas ou La sala de las muñecas, onde debullaba todo o seu talento. Mestre de mestres, tamén rodou musicais como Las cosas del querer, e longametraxes como Besos para todos, El año del diluvio e Camarón.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible