Taller sen prazas dispoñibles, a organización poñerase en contacto cos alumnos seleccionados.
Dirixido tanto a profesionais e amateurs interesados na dirección de curtametraxes. O taller consiste nun percorrido práctico polas diferentes necesidades da dirección de curtas, dende a preprodución ata a montaxe final.
05/10/2013 ás 23:00
Xa rematou
de 10 a 14 horas.
Aula 9.
4 horas
Gratuíto, logo da inscrición previa (20 prazas).
Impartido por Borja Cobeaga.
Para poder participar é preciso enviar a corunafilm@coruna.es a ficha de inscrición da actividade antes do 30 de setembro.
Borja Cobeaga (San Sebastián, 1977) tivo a súa vocación clara, e aos 9 anos comezou a rodar curtas no xardín da súa casa, xunto aos seus compañeiros de clase. Aos 24 xa era nomeado aos Goya pola súa curtametraxe La primera vez e, tras dirixir series como “Vaya semanita” (ETB) ou realizar programas como “Gran Hermano”, entre outros, no 2005 levou o seu talento alén do charco, onde optou aos Óscar na categoría de Mellor Curtametraxe por Éramos pocos (2005). É o guionista de La máquina de bailar e o seu debut como director de longametraxe de ficción (antes codirixira Limoncello) foi grazas a Pagafantas (2009), ópera prima pola que foi nomeado aos Premios Goya na sección de Mellor Director Novel. A súa segunda película clausuraría o Festival de Cinema de Xixón en 2010, No controles, Premio do Público no Festival de Cinema de Nantes. Actualmente prepara o seu terceiro filme, Fe de erratas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible