Concello da Coruña

Concello da Coruña

Taller de interpretación - Coruñafilm

Impartido por Enio Mejía e Irene Visedo.

A quen vai dirixido?:

Este taller está dirixido a actores ou estudantes de interpretación que queiran aprender de maneira práctica as ferramentas para traballar un texto.

Cando:

03/10/2013

Xa rematou

Horario:

de 18 a 22 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

gratuíto, logo da previa inscrición, prazas limitadas (20 prazas).

Enio Mejía Montenegro traballa dende o 2013 como coach de actores para a Axencia de Representación A6 Cinema, axudándolles aos intérpretes a afrontar calquera tipo de personaxe. Formado como actor no madrileño Estudio Corazza interpretou numerosas obras de teatro en México (Lo que nos une, ou Peter Pan). Desenvolveu múltiples traballos na industria audiovisual: director de cinema (WC), axudante de dirección ou asistente de produción, entre outros.

Irene Visedo. Formada con diversos profesionais das artes escénicas, con 18 anos intervén na súa primeira longametraxe, El ángel de la guarda, dirixido por Santiago Matallana e inicia unha prolífica participación en diferentes proxectos teatrais e cinematográficos, como Fausto, dirixido por José Luis Gómez ou a súa intervención na curta de Jesús Almendro Paraíso, que lle valeu o Premio Proyecta a mellor actriz. No 2000 a súa carreira dispárase ao obter diferentes premios, entre eles o de mellor actriz revelación do Festival de Cinema de Toulouse por Cascabel, de Daniel Cebrián, e ao participar en numerosas películas. Entre elas, El espinazo del diablo, de Guillermo del Toro, La mujer de mi vida, de Antonio del Real, Los pasos perdidos, de Manane Rodríguez, Amores locos, de Beda Do Campo Feijóo, La mujer anarquista, de Marie Noelle e Peter Sehr, La senda, de Miguel Ángel Toledo ou Cuento de verano, de Rubén Ochandiano. Rostro coñecido polo seu papel de Inés Alcántara na serie “Cuéntame” ou da Duquesa de Alba na tv movie “La Duquesa”. A súa traxectoria teatral está así mesmo avalada por obras como Medida por medida, dirixida en La Abadía por Carlos Aladro ou La Gaviota, por Rubén Ochandiano.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión