O dramaturgo e director Santiago Cortegoso dirixe este espectáculo musical que adapta o libro de relatos, de carácter autobiográfico, de Manuel Reimóndez Portela, Un médico na aldea, interpretado pola agrupación Tequexetéldere e a Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada.
Para público en xeral
30/11/2024
19.30 h
60 min
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
Como todas as actividades do programa "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto. O programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.
Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"
agra@galizacultura.gal
O espectáculo está asegurado, pois haberá máis de 50 artistas que sobre as táboas interpretarán, cantarán, bailarán e tocarán en directo. Ademais, esta obra contará coa ilustración en tempo real do narrado no escenario: Rosa Herráiz, también coñecida como Rosa de Cabanas, vai debuxando nunha tableta o que acontece sobre as táboas, para proxectar os seus bosquexos nunha gran pantalla integrada no decorado. A escenificación conta tamén cos útiles médicos orixinais doados pola familia do médico Manuel Reimóndez Portela.
A peza conta as peripeciais vitais dun médico rural ao longo da súa traxectoria profesional amosando un xeito de entender a medicina cheo de humanidade que proclama a necesidade de loitar contra a superstición e a desconfianza das persoas pacientes nos medicamentos e proclamando a escoita como mellor remedio contra a enfermidade. A historia parte dun rico anecdotario autobiográfico que describe de xeito ameno as moitas dificultades que acompañaban o día a día dun médico de aldea.
Este musical estreouse no marco das 10.ª Convergências Portugal-Galiza.
Este espectáculo visita o noso barrio coa axuda do Concello da Estrada e a Fundación Cultural da Estrada.
Como todas as actividades do programa "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto. O programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.
FICHA TÉCNICA
Texto: de Santiago Cortegoso, a partir do libro de Manuel Reimóndez Portela Un médico na aldea
Dirección escénica: Santiago Cortegoso (Moaña, 1976), un dos dramaturgos de máis prestixio da súa xeración. É autor dalgúns dos textos máis premiados e representados dos últimos anos (Hamster, 0,7% Molotov, O furancho, Raclette, Casa O'Rei, A charca de Ulises...). Entre outros premios recibiu o María Casares por Pequenos Actos Pseudorrevolucionarios, Raclette e Invisibles, adaptación da novela homónima de Montse Fajardo. Desde 2010, dirixe Ibuprofeno Teatro, fundada en 2010, xunto á actriz e directora Marián Bañobre.
Coordinación musical: Xosé Lueiro
Produción: Agrupación Tequexetéldere e a Escola Municipal de Artes Escénicas (EMAE)
Iluminación: Javier Ayude
Son: Valentín Torrado
Elenco artístico: dez actores, cinco músicos, dez cantareiras, 16 bailadoras/es e unha ilustradora.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible