Tes dúas tarifas dispoñibles para subscribirte ao servizo: Tarifa anual, doce meses, se agardas facer moito uso durante o ano ou Tarifa de uso ocasional, 30 días, se a usas ocasionalmente.
Ambas as tarifas inclúen a posibilidade de levar bicicletas eléctricas. Consulta o prezo por traxecto ou penalizacións no cadro das tarifas.
Este servizo non está dispoñible para nenos menores de 14 anos. As persoas con idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos necesitarán unha autorización asinada polo seu pai ou titor legal que primeiro deberá enviala ao servizo de atención ao cliente para subscribirse ao servizo. Para consultas sobre o rexistro podes usar a conta de correo electrónico contacto@bicicoruna.gal
Podes consultar as Condicións de servizo en FAQs e normas
O pagamento da subscrición non inclúe ningunha viaxe.
Os importes son acumulativos e reinícianse con cada traxecto.
Subscrición anual | Traxectos | Bicicleta mecánica | Bicicleta eléctrica |
---|---|---|---|
40 € / 12 meses | De 0-20 min. | 0 € | 0 € |
De 20-60 min. | 0 € | 0,01 €/min. | |
A partir de 60 min. | 5 €/hora ou fracción | 5 €/hora ou fracción |
Subscrición ocasional | Traxectos | Bicicleta mecánica | Bicicleta eléctrica |
---|---|---|---|
10 € / 1 mes | De 0-120 min. | 0,015 €/min. | 0,030 €/min. |
A partir de 120 min. | 5 €/hora ou fracción | 5 €/hora ou fracción |
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible