Concello da Coruña

Concello da Coruña

Mesa Local de Comercio

Mesa Local de Comercio

A Mesa de Comercio configúrase como un organismo con capacidade para:

  • Defender os intereses xerais do sector
  • Actuar como órgano consultivo do Concello
  • Ser unha plataforma con facultade para deseñar campañas de promoción do comercio, realizar informes, adoptar medidas, suxerir iniciativas e elaborar propostas para o desenvolvemento específico do sector
  • Participar na elaboración de propostas para plans relacionados con ordenación urbana, ou tráfico ou das infraestruturas da cidade

A Mesa de Comercio funciona de soporte técnico para aglutinar todas aquelas iniciativas públicas e privadas que teñan por obxecto revitalizar o comercio urbano de proximidade e que sirvan, en definitiva, para impulsar na nosa cidade un comercio activo, innovador, moderno e competitivo, que siga significando para a economía local ese lugar central que ata agora veu representando.

O decreto 183/2011, do 15 de setembro, regula as mesas locais de comercio e establece a súa composición.

Son as persoas que legalmente ocupen os cargos que figuran no nomeamento DEC/AYT/7668/2023 (ver documentos relacionados).

Documentos relacionados

  • Acta da Mesa Local de Comercio marzo 2023 (167 KB)
  • Nomeamentos de integrantes MLC: novembro 2023 (170 KB)
  • Acta da Mesa Local de Comercio novembro 2023 (211 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión