Concello da Coruña

Concello da Coruña
  • Inicio
  • Mercados de economía sostible

Mercados de economía sostible

Na actualidade están a levarse a cabo, en distintos puntos da cidade, dous tipos de mercados para difundir, concienciar e apoiar o comercio e consumo sostible: mercados ecolóxicos e mercados sostibles.

En ambos os casos, ademais de promocionar hábitos saudables e xerar un espazo para que produtores/as e comerciantes fagan visibles e vendan os seus produtos, realízanse actividades como degustacións, actuacións e talleres gratuítos tanto para adultos como para público infantil.

Os mercados xa se converteron nunha cita obrigada para moitas persoas que atopan neles produtos frescos e de horta, roupa e accesorios, xoguetes, cosmética, artesanía... pero todos eles cumprindo cuns requisitos que garanten modalidades de consumo e produción sostibles.

Horario de todos os mercados: 10.00 a 15.00 h.

As particularidades de cada tipo de mercado son as seguintes:

Mercado Ecolóxico.

A especialidade deste mercado son os produtos ecolóxicos, que contan con algún tipo de selo que acredita criterios éticos e/ou sostibles na súa produción, elaboración ou materias primas.

Por iso, polo menos o 60% son postos de venda deste tipo de produtos, sendo entre eles a estrela do mercado os produtos de horta.

Mercado Sostible.

A especialidade deste mercado é a sostibilidade, a economía circular e a compra responsable, aplicando a regra das 4R (Reducir, Reutilizar, Reciclar e Recuperar).

Por iso polo menos o 60% dos postos están reservados para: produtos de proximidade, segunda man, reciclados, comercio xusto e produtos residuo cero ou a granel.

No arquivo adxunto pódese consultar o calendario de todos os mercados que se levarán a cabo ata final de ano.

Máis información nas redes @mercaecocoruna

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión