22 de octubre de 2024
Este sábado terán lugar en dez espazos municipais diferentes actividades para nenos e nenas
Co obxecto de dinamizar o comercio de proximidade durante estas datas o Concello da Coruña desenvolve diversas actividades relacionadas coa celebración do Samaín que implican tanto aos propios comercios como á rapazada da cidade. O Goberno de Inés Rey aposta un ano más por organizar diferentes actividades para conmemorar esta festividade e promover o consumo.
Nestes momentos xa se está a realizar en diversos centros educativos da cidade a actividade de elaboración de disfraces e posteriormente o alumnado sairá á rúa a realizar o "Truco ou trato" polos comercios da súa zona. "A acollida a estas iniciativas está sendo moi boa grazas ao gran tecido asociativo do noso comercio local, sempre disposto a colaborar coas campañas promovidas desde o Goberno de Inés Rey", sinalou Diana Cabanas, concelleira de Emprego, Comercio e Mercados.
Tamén se está a desenvolver o tradicional concurso de escaparatismo no que se inscribiron máis de 100 comercios. O xurado visitará os escaparates valorando a ambientación na festa tradicional do Samaín, a orixinalidade, a estética e a complexidade da montaxe. O día 31 comunicaranse os cinco escaparates premiados, que se repartirán un total de 6.500 euros.
Neste momento está aberto a prazo de inscrición para os obradoiros infantís gratuítos, que se realizarán o sábado 26 de outubro en 10 lugares da cidade. Neles poderá participar a cativada de 4 a 12 anos presentando un tícket de compra realizada nun comercio de proximidade desde o día 15 de outubro por un mínimo de 5 euros. A inscrición pode realizarse a través da páxina web: samaincoruna.gal.
Localización e horarios dos talleres do sábado
Mercado municipal de San Agustín
Mercado municipal de Elviña
Mercado municipal de Eusebio da Guarda
Mercado municipal de Monte Alto
Centro Cívico San Diego
Centro Cívico Castrillón
OMIC (Oficina Municipal de Información a las Personas Consumidoras)
Centro Cívico de Eirís
Centro Cívico Novoboandanza
Centro Cívico Sagrada Familia
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible