Impartido por Enrique Urbizu
Dirixido a aqueles que desexen iniciarse na dirección cinematográfica, aprendendo os conceptos e a linguaxe cinematográfica básica, así como a función do director durante unha rodaxe.
31/10/2014
Xa rematou
Dende o 25/09/2014 ata o 21/10/2014
De 16.00 a 20.00 h.
4 horas
Gratuíto con inscrición previa (prazas limitadas).
Enviar o formulario de inscrición a corunafilm@coruna.es antes do 21 de outubro.
Enrique Urbizu é director e guionista cinematográfico. A súa primeira longametraxe foi Tu novia está loca, protagonizada por Antonio Resines (1988) á que lle seguiu Todo por la pasta, que recibiu un nomeamento ao mellor guión orixinal nos premios Goya. Durante os anos 90 continuou coas comedias Cómo ser infeliz y disfrutarlo e Cuernos de mujer.
No 2002 estrea La Caja 507, protagonizada por Antonio Resines e José Coronado e que tivo un enorme éxito de público e crítica. Con esta película Urbizu consagrouse como un dos grandes directores do cinema español, especialmente no xénero do thriller.
Dende entón comezou a súa prolífica colaboración con Coronado, que deu como resultado La vida mancha (2003) e No habrá paz para los malvados (2011), que arrasou nos premios Goya co premio a Mellor Película, Director, Guión e Actor principal, entre outros. Tamén estivo seleccionada para Mellor Película no Festival Internacional de Cinema de San Sebastián.
Enrique Urbizu compaxina o seu traballo como cineasta co seu labor docente, impartindo clases de dirección na Universidade Carlos III e na ECAM. Actualmente, prepara a súa próxima longametraxe: 2.014 hijos de puta.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible