Impartido por David Planell
Dirixido a afeccionados ao cinema que desexen realizar unha aproximación ao guión cinematográfico, aprendendo os conceptos elementos básicos do guión, así como a comprensión a través de escenas e exemplos prácticas.
01/11/2014
Xa rematou
Dende o 25/09/2014 ata o 21/10/2014
De 10.00 a 14.00 h.
4 horas
Gratuíto con inscrición previa (prazas limitadas).
Enviar o formulario de inscrición a corunafilm@coruna.es antes do 21 de outubro.
Taller de carácter práctico no que, despois de coñecer brevemente as ferramentas de construción dun guión, formaranse grupos co fin de escribir ou confeccionar, coa supervisión do profesor, un dos formatos dramáticos seguintes: guión de curtametraxe, escaleta de longametraxe, secuencia de longametraxe.
David Planell é guionista de cinema e televisión. Escribiu e dirixiu numerosas curtametraxes, entre eles Primerísimo primer plano genital, El segundo de la tercera temporada (2012), Subir y bajar (2007) Ponys (2005) ou Carisma (2003, seleccionado para os premios Goya). A súa longametraxe La verguenza (2009), na que asina dirección e guión obtivo a Biznaga de Ouro a Mellor Película e Biznaga de Prata Mellor Guión no Festival de Málaga e estivo seleccionada para Mellor Dirección Novel nos premios Goya 2010. En cinema, tamén destaca a súa frutífera colaboración con Gracia Querejeta coescribindo o guión de Siete mesas de billar francés (2006 - Cuncha de Prata ao Mellor Guión en Festival de San Sebastián. Seleccionado para o Goya ao Mellor guión) e Héctor (2004). En televisión destaca o guión da tv movie “Vicente Ferrer: el cielo en la tierra” e varios capítulos en series como Hospital Central.
Ademais do seu traballo como director e guionista, imparte clases de guión, interpretación e dirección de actores en distintos centros de ensino.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible