“Os ollos abertos” é un ciclo de cinema organizado pola ONG A.I.R.E. e coordinado polo xestor cultural Javier Trigales.
Para público en xeral
Dende o 24/09/2018 ata o 27/09/2018
Xa rematou
19.00 h
* Pídese puntualidade, unha vez comezadas as proxeccións non se permitirá o acceso á sala.
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
78 por pase
Libre
ONG A.I.R.E. e coordinado polo xestor cultural Javier Trigales
Tel.: 981 184 293
Fórum Metropolitano
O tema elixido é o das "persoas refuxiadas" xa que o traballo na ONG A.I.R.E. desenvólvese principalmente xunto a elas. O propósito do ciclo é que o público abra os ollos ás imaxes que van ver e tamén os abra fronte a esta crise humanitaria que se está vivindo na actualidade, crise que non sempre se trata coa importancia e o rigor necesarios.
Ao finalizar cada pase haberá un pequeno coloquio con invitados especializados na materia e profundarase acerca da temática proposta pola película.
- Luns 24 de setembro
ALMA MATER de Philippe Van Leeuw
Coloquio con Araceli del Soto
- Martes 25 de setembro
69 MINUTES OF 86 DAYS de Egil Håskjold Larsen + TOUT LE MONDE AIME LE BORD DE LA MER de Keina Espiñeira
Coloquio con Keina Espiñeira
- Mércores 26 de setembro
FUOCOAMMARE de Gianfranco Rosi
Coloquio con Federico Pichel
- Xoves 27 de setembro
MEDITERRANEA de Jonas Carpignano
Coloquio con membros das seguintes ONG locais: SOS Racismo, Ecos do Sur, Ecodesarrollo Gaia, Acemm.
* Todas as proxeccións serán en DVD-VOSE.
* Ao finalizar cada pase haberá un pequeno coloquio con persoas invitadas especializadas na materia e profundarase sobre a temática proposta pola película.
* A entrada ao ciclo "Os ollos abertos" será libre ata completar a capacidade.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible