Concello da Coruña

Concello da Coruña

Poetas di(n) versos: LELLO VOCE e SAMUEL L. PARÍS

Versos inflamables, cun sonoro e potente directo, dende Nápoles a Muros. Poesía que foxe dos seus estreitos marcos a forza de rebentalos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

20/04/2015, de 20:30 a 22:00

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade.

LELLO VOCE

O poeta, escritor, activista literario e performer Lello Voce (Nápoles, 1957) foi un dos primeiros introdutores do Poetry Slam (unha sorte de torneo de poesía recitada) en Italia, alá polos comezos deste século. Dende que se converteu en pioneiro á hora de conducir slams plurilingües, comandou centos destas competicións en verso por todo o país. Voce cóntase entre os fundadores da fornada poética italiana Gruppo 93 e da revista Baldus. E tamén foi un dos iniciadores do World Poetry Movement, dende Medellín (Colombia).

Poeta experimental, mestre do "Spoken Word" e defensor acérrimo da oralidade e o corpo na poesía, Lello Voce é un dos precursores das novas formas de encontro escénico entre música e poesía, e nas súas accións poéticas colaboraron unha gran cantidade de artistas de renome, dende Paolo Fresu a Giacomo Verde. Así, ofreceu recitais e espectáculos de spoken music en multitude de cidades italianas, europeas, en América e en Asia. Ademais, parte do seu traballo foi traducido ao francés, inglés, castelán, catalán, alemán, xaponés, árabe e portugués de Brasil.

Colaborador de xornais como Il Fatto Quotidiano ou Corriere della Sera e publicando á vez poesía dende comezos dos oitenta, entre os seus libros e CD cabe destacar Farfalle da Combattimento (1999), Fast Blood (2005), L'esercizio della lingua. Poesie 1991-2008 (2009) ‒que foi Premio Delfini de poesía‒ ou Piccola cucina cannibale (2012) polo que foi galardoado co Premio Nápoles 2012. Tamén autor de narrativa, as súas prosas foron recollidas no volume Il Cristo elettrico (2006 e 2014). Como editor literario ocupouse da grande antoloxía do poeta concretista brasileiro Haroldo de Campos, á que contribuíron tamén Augusto de Campos e Umberto Eco.

 

SAMUEL L. PARÍS

Naceu en Muros en 1984, licenciado en Filoloxía Galega e Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña, en Noruega pasou dous anos traballando como libreiro e colaborando en medios de comunicación escrita. Ademais de escritor é músico; na actualidade toca o baixo na banda de garage-punk Terbutalina, que conta con seis traballos discográficos autoeditados e de libre descarga.

Blogueiro dende os primeiros tempos, o seu primeiro libro de poesía saíu no 2008 no espazo de publicación dixital e distribución gratuíta "A Regueifa Plataforma", co título de Manual da destrución. Xa en papel e no ano 2012, edítase Inflamable baixo o selo de Edicións Positivas, libro do que ofreceu tamén unha versión musicada no seu blog "Parará, París". A aventura do ano seguinte, o 2013, viu a luz nesa mesma bitácora e consistiu en publicar nin máis nin menos que un poemario á semana ata un total de cincuenta e dúas coleccións de poemas inéditos. A do presente 2015 levouno a editar poemarios escritos á man, exclusivos e baixo demanda, de novo a través do seu blog e recibindo unha xenerosa resposta.

 

O ciclo seguirá facendo unha decidida aposta polas librerías de barrio, que poñerán á venda en cada acto os títulos dos e das protagonistas. As persoas asistentes poderán levar, así, sinaturas dos autores nos exemplares dos seus libros.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión