Impartido por Fernando León de Aranoa
Dirixido a guionistas, noveis e profesionais, que desexen profundar na creación dos personaxes como instrumento fundamental na estrutura e desenvolvemento dun guión cinematográfico.
30/10/2014
Xa rematou
Dende o 25/09/2014 ata o 21/10/2014
De 16.00 a 20.00 h.
4 horas
Gratuíto con inscrición previa (prazas limitadas).
Enviar o formulario de inscrición a corunafilm@coruna.es antes do 21 de outubro.
Que foi primeiro: a trama ou os personaxes? Escribir sobre eles ou escribir con eles? Como chegaron ás miñas películas os seus personaxes?
Quen son? Como pensan? Que anhelan? Cómo coidar dos teus personaxes na escritura do guión.
Fernando León de Aranoa é director e guionista de cine. Comezou a súa traxectoria en 1994 coa curtametraxe Sirenas, á que lle seguiron varios proxectos como guionista en series de televisión como Pepa y Pepe. O seu primeiro guión de longametraxe foi en 1995 coa película Los hombres siempre mienten dirixida por Antonio del Real.
En 1996 logra unha enorme relevancia con Familia, a súa primeira longametraxe como director e da que tamén asina o guión. A Academia de Cine outórgalle o Goya ao Mellor Director Novel e un nomeamento a Mellor Guión Orixinal.
Dende entón seguíronlle éxitos tan notables como Barrio (1998), Los lunes al sol (2002), Princesas (2005) e Amador (2010), polas que foi recoñecido con números premios internacionais, así como o Goya a Mellor Director en dúas ocasións. A súa filmografía valeulle o recoñecemento do director español máis recoñecido no xénero do cinema social.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible