Oficinas: + (34) 981 184 348 e + (34) 981 184 200 Ext.: 75131 - 75900
Despacho de billetes: + (34) 981 184 349 e + (34) 981 184 200 Ext.: 75138
Horario do despacho de billetes do teatro: aberto só os días de función das 16.00 ás 20.00 h (só se hai localidades dispoñibles)
Teatro do século XIX, de estilo ecléctico, situado en pleno centro da cidade e moi próximo á praza de María Pita. Acolle os máis prestixiosos eventos e espectáculos musicais.
Datos de interese
Dispón dun escenario de 150 m2 e dunha capacidade de entre 601 e 673 localidades. En 1838 o Concello adquiriu o soar da antiga igrexa de San Xurxo para construír o teatro e emitiu unha subscrición pública de accións para realizar a construción. En 1841 finalízanse as obras do Teatro Novo ou Principal. No ano 1867 o teatro sufriu enormes danos por un incendio, o que fixo que se reconstruíse en 1868. No ano 1909 toma o seu nome actual, Teatro Rosalía Castro. En 1910 o teatro adáptase para realizar proxeccións cinematográficas.
Picasso e o Teatro Rosalía
Picasso acudiu a representacións teatrais de obras de Echegaray no hoxe chamado Teatro Rosalía de Castro, entón Teatro Principal.
Vídeos
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible