Cursos de iniciación ao golf 2.º trimestre (abril-maio-xuño) de 2023
22 de marzo - Lista de adxudicación de prazas e lista de espera
Publícase a listaxe de adxudicación de prazas e lista de espera para os cursos municipais de golf do segundo trimestre de 2023:
Matrícula das persoas admitidas: no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules do 23 ao 29 de marzo de 2023.
As persoas con praza en máis dun curso só se poderán matricular nun. A outra praza pasará a disposición para a lista de espera.
20 de marzo - Sorteo público
Unha vez realizado o sorteo público da letra que establecerá a orde de corte para a asignación de prazas, a letra obtida é o "T".
17 de marzo - listados definitivos de solicitantes
Tras o período de corrección, publícanse as listaxes definitivas de solicitantes dos cursos de iniciación ao golf para o segundo trimestre de 2023 (abril, maio e xuño)
14 de marzo - listados provisionais de solicitantes
Publícanse as listaxes provisionais de solicitantes dos cursos de iniciación ao golf para o segundo trimestre de 2023 (abril, maio e xuño):
Emenda de erros será de 2 días naturais (15 e 16 de marzo) e presentaranse no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules.
1 de marzo - presentación de solicitudes
FORMULARIO DE SOLICITUDES - Cursos Municipais de Golf - 2.º trimestre
Infantil: de 6 a 11 anos
Xuvenil: de 12 a 16 anos
Persoas adultas: de 17 anos en diante
CURSOS DE INICIACIÓN OFERTADOS
FRANXA DE IDADE | DÍAS | HORARIO | PRAZAS |
---|---|---|---|
PERSOAS ADULTAS | LUNS E XOVES | 09:30-10:30 | 8 |
LUNS E XOVES | 10:30-11:30 | 8 | |
LUNS E XOVES | 11:30-12:30 | 8 | |
LUNS E XOVES | 19:30-20:30 | 8 | |
LUNS E XOVES | 20:30-21:30 | 8 | |
MARTES E VENRES | 09:30-10:30 | 8 | |
MARTES E VENRES | 10:30-11:30 | 8 | |
MARTES E VENRES | 11:30-12:30 | 8 | |
MARTES E VENRES | 19:30-20:30 | 8 | |
MARTES E VENRES | 20:30-21:30 | 8 | |
SÁBADOS E DOMINGOS | 09-30:10-30 | 8 | |
SÁBADOS E DOMINGOS | 10:30-11:30 | 8 | |
XUVENIL | LUNS E XOVES | 18:00-19:00 | 8 |
MARTES E VENRES | 18:00-19:00 | 8 | |
SÁBADOS E DOMINGOS | 11:30-12:30 | 8 | |
INFANTIL | LUNS E XOVES | 17:00-18:00 | 8 |
MARTES E VENRES | 17:00-18:00 | 8 | |
SÁBADOS E DOMINGOS | 12:30-13:30 | 8 |
As datas de inicio e finalización dos cursos son as que seguen:
Luns e xoves, comezo o 3 de abril de 2023 e finalización o 19 de xuño de 2023
Martes e venres, comezo o 4 de abril de 2023 e finalización o 16 de xuño de 2023
Sábados e domingos, comezo o 1 de abril de 2023 e finalización o 10 de xuño de 2023
TAXAS
Menores: 28,94 €
Persoas adultas: 48,22 €
Pode consultar o anexo da convocatoria para estes cursos no documento no pé da páxina.
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible