A actividade de natación prenatal (dirixida a mulleres embarazadas) ten carácter mensual e desenvólvese na Piscina Municipal de Riazor durante todo o ano (agás no período de peche anual da instalación).
HORARIOS DE OUTUBRO-XUÑO*:
*Seguirase o calendario lectivo escolar en canto a vacacións e días festivos ou non lectivos. Pódense consultar as datas nas que non haberá clase no apartado de Escolas Deportivas Municipais
Para poder inscribirse é necesario aboar a taxa en calquera dos rexistros de Deportes, preferentemente concertando unha cita previa ou telematicamente a través da plataforna en liña Cronos web, como se indica máis abaixo.
A inscrición mensual actívase a semana anterior ao mes en que se desenvolva a actividade. As alumnas inscritas terán preferencia para renovar a praza para o mes seguinte.
TARIFA VIXENTE:
Natación prenatal: tarifa mensual: 7,00 € (Ordenanza fiscal n.º 15, apartado 15.5)
PRAZAS DISPOÑIBLES E MATRÍCULA EN LIÑA
Para a consulta de prazas libres, así como para a matrícula telemática*, é necesario acceder á plataforma en liña do Servizo Municipal de Deportes: acceso a Cronos Web.
Recomendamos consultar a Guía de acceso a Cronos Web - Natación Prenatal
*A matrícula presencial tamén está dispoñible, como habitualmente.
NOTA: as alumnas inscritas no mes en curso terán reserva de praza para o mes seguinte. Desta forma, establecerase un prazo duns días para que formalicen a inscrición. No caso de non facelo, as prazas quedarán a libre disposición.
CÓDIGO | ACTIVIDADE E HORARIO | OFERTA INICIAL DE PRAZAS |
4848 | NATACIÓN PRENATAL MENSUAL RIAZOR LU 16:30-17:15 - FEBREIRO | 8 |
4849 | NATACIÓN PRENATAL MENSUAL RIAZOR ME 16:30-17:15 - FEBREIRO | 8 |
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible