DESTINATARIOS
Nenos e nenas EMPADROADOS NO CONCELLO DA CIDADE DA CORUÑA, de 11 a 15 anos, ambos inclusive, cumpridos a 31 de decembro de 2024.
Terán preferencia os/as nenos/as que non foran a ningunha campaña de Inverno/Neve da Deputación. No caso que houbese mais solicitudes que prazas ofertadas, realizarase un sorteo público para a asignación de prazas.
NÚMERO DE CONTA PARA O ABONO DA COTA
Xa está publicado na web da Deputación (https://www.dacoruna.gal/deportes/campana-neve/) o número de conta para facer o ingreso dos 85€ correspondentes á cota de participación para as persoas con praza que xa enviaron o resto de documentación:
O resgardo do ingreso deberá enviarse por correo electrónico á dirección programasdeportivos@coruna.gal. O prazo límite para o envío será o mércores 8 de xaneiro de 2025, ás 23:59h.
No caso de non recibir o resgardo do pagamento da cota, entenderase que se renuncia á praza e procederase a activar a listaxe de agarda.
QUENDA:
Do 17 ao 20 de Xaneiro de 2025 , na estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias). con entrada na estación o venres antes do xantar e a saída o luns despois do xantar.
Nº DE PRAZAS: 29
COTA DE INSCRICIÓN:
85€ (oitenta e cinco euros)
O prezo desta campaña inclúe:
16 de Decembro - 1º MOVEMENTO DE LISTAXE DE AGARDA
Unha vez rematado o prazo ordinario de formalización de praza, e quedando dispoñibles 4 prazas, procedemos a facer o 1º MOVEMENTO DE LISTAXE DE AGARDA, avisando aos 4 primeiros solicitantes que figuran en listaxe de agarda dende FERNANDEZ V. ALEJANDRA ata PARAJE B. MARCO
Pode consultar na seguinte ligazón a listaxe de adxudicación de prazas:
Documentación a presentar:
Polo momento non temos dispoñible o número de conta para facer o ingreso da cota, polo que unicamente teran que enviar a anterior documentación no seguinte prazo:
Do 16 ao 17 de decembro ata as 23:59 a traves do correo programasdeportivos@coruna.gal
No caso de non presentar documentación no prazo establecido, entenderase que se renuncia á praza, e adxudicaranse as prazas vacantes seguindo a listaxe de agarda.
10 de Decembro - ADXUDICACIÓN DE PRAZAS E LISTAXE DE AGARDA
Pode consultar na seguinte ligazón a listaxe de adxudicación de prazas:
Corresponde praza aos solicitantes que figuran coma CORRESPONDE MATRÍCULA, segundo o indicado na listaxe de asignación de prazas, quedando o resto en situación de LISTAXE DE AGARDA.
Orde de preferencia para a adxudicación das prazas unha vez realizado o sorteo:
PRAZO DE FORMALIZACIÓN: Do 10 ao 15 de decembro de 2024 a traves do correo programasdeportivos@coruna.gal
Documentación a presentar:
En caso de non presentar a matrícula no prazo establecido, entenderase que se renuncia á praza, e adxudicaranse as prazas vacantes seguindo a listaxe de agarda.
MOVEMENTO DE LISTAXE DE AGARDA
No caso de non cubrir as prazas no período ordinario de formalización de matrícula, Dende o 16 ao 19 de decembro de 2024 procederase a avisar as persoas da listaxe de agarda, seguindo a orde establecida na listaxe definitiva, ata completar as 29 prazas dispoñibles.
9 de Decembro - LISTAXE DEFINITIVA DE SOLICITANTES ADMITIDOS E SORTEO
Procédese á publicación da listaxe definitiva de solicitantes admitidos, unha vez rematado o prazo de emenda, para a Campaña de Neve 2025 - Deputación da Coruña, pode consultalo na seguinte ligazón:
Sorteo: 9 de decembro de 2024 ás 11:00h pode seguilo en vivo a traves da seguinte ligazón:
Seguintes prazos da convocatoria:
3 de Decembro - LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITANTES
Procédese á publicación da listaxe provisional de solicitantes para a Campaña de Neve 2025 - Deputación da Coruña, a cal terá lugar na estación de Valgrande-Pajares do 17 ao 20 de xaneiro de 2025, pode consultalo na seguinte ligazón:
Emenda de erros: dende a publicación da listaxe ata o 9 de decembro de 2024 ás 23:59 h., a través do correo electrónico: programasdeportivos@coruna.gal
Durante este prazo poderanse emendar só datos persoais tales coma data de nacemento, apelidos, etc.
Seguintes prazos da convocatoria:
8 de Novembro - CONVOCATORIA
SOLICITUDE E PREINSCRICIÓN
Dende a publicación, ata o 2 de decembro ás 23:59h. só se aceptaran solicitudes recibidas a través do seguinte formulario:
No caso de detectarse máis dunha solicitude para unha persoa, seguirase o criterio de convocatorias anteriores, e figurará sempre a máis recente, descartantose as máis antigas.
Non e preciso achegar ningunha documentación nesta fase de preinscrición. Deberase presentar unicamente na inscrición definitiva.
LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITANTES:
Publicarase o día 3 de decembro de 2024 as 15:00h, na que se poderán revisar os datos persoais.
SUBSANACIÓN DE ERROS:
Dende a publicación da listaxe provisional ata o día 8 de decembro de 2024. As alegacións presentaranse unicamente a través do seguinte enderezo electrónico programasdeportivos@coruna.gal.
LISTAXE DEFINITIVA DE SOLICITANTES:
Unha vez pechado o prazo de subsanación de erros, publicarase o dia 9 de decembro de 2024 as 10:00h a listaxe definitiva de solicitantes na que tamen se asignara un número para o sorteo de adxudicación de prazas segundo a data de entrada da solicitude.
SORTEO
No suposto de que existan máis solicitudes que prazas, para establecer a orde de adxudicación de prazas celebrarase un sorteo público do número asignado, o día 9 de decembro, ás 11:00 h. nas oficinas municipais do Palacio dos Deportes de Riazor (Rúa Manuel Murguía s/n).
Orde de preferencia para a adxudicación das prazas: nos supostos en que o número de prazas solicitadas sexa maior das ofertadas, para a orde de preferencia terase en conta:
LISTAXE DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS
A listaxe definitiva publicarase o día 10 de decembro de 2024 as 11:00h.
MATRÍCULA E FORMALIZACIÓN DAS INSCRICIÓNS
Do 10 ao 15 de decembro de 2024 a través do correo electrónico programasdeportivos@coruna.gal, deberase formalizar a matricula, segundo as normas e documentación solicitada pola Deputación da Coruña.
No caso de non presentar dita documentación en prazo, entenderase que renuncia á praza, e adxudicaranse as prazas vacantes unha vez rematado este prazo, seguindo a listaxe de agarda.
Será necesario achegar a seguinte documentación:
MOVEMENTO DE LISTAXE DE AGARDA
No caso de non cubrir as prazas no período ordinario de formalización de matrícula, Dende o 16 ao 19 de decembro de 2024 procederase a avisar as persoas da listaxe de agarda, seguindo a orde establecida na listaxe definitiva, ata completar as 29 prazas dispoñibles
OUTRAS DISPOSICIÓNS
Non se permite a cesión a terceiras persoas da praza asignada.
As listaxes de solicitantes dos cursos ofertados, listaxes definitivas e demais documentación, información ou notificación referida a esta convocatoria publicarase na páxina web municipal, nos taboleiros de anuncios das instalacións deportivas municipais e no teléfono de información cidadá 010.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible