31 de Outubro de 2024 - RESOLUCIÓN DEFINITIVA
Anuncio relativo a resolución definitiva da convocatoria de subvencion de concorrencia competitiva para entidades deportivas sen animo de lucro destinadas ao fomento e apoio de actividades fisicas e deportivas exercicio 2024.
Pode consultar o anuncio e a resolución definitiva nas seguintes ligazons:
Esta resolución terá o carácter de definitiva, de acordo coa base 16.3 da convocatoria, co artigo 26 da Lei xeral de subvencións, e o artigo 45.1b) da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas, para que no prazo de cinco (5) días hábiles se comunique su aceptación o renuncia ao órgano instructor. Transcurrido o dito prazo sen producirse a renuncia expresa, a subvención entenderase tácitamente aceptada.
Dita resolución publicouse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) número 210 - mércores 30 de outubro de 2024, polo que o prazo é do 31 de outubro ao 7 de novembro de 2024 ambos incluídos.
30 de Setembro de 2024 - RESOLUCIÓN PROVISIONAL
Asentada o día 30 de setembro de 2024 a resolución provisional da convocatoria indicada, publícase con este Anuncio unha copia da dita resolución provisional para coñecemento xeral, consonte a Base 15 da convocatoria, e o artigo 76.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:
Infórmase de que o prazo de presentación das alegacións é do 1 ao 7 de outubro de 2024, ambos incluídos.
Neste prazo as persoas interesadas (solicitantes e beneficiarias) poderán formular as alegacións que estimen oportunas.
A resolución provisional non crea ningún dereito a favor da entidade beneficiaria proposta fronte á Administración, mentres non se lle notificase a resolución definitiva da concesión.
8 de agosto de 2024 - REQUERIMENTO DE EMENDA
No Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP), número 152 do 8 de agosto de 2024 publícase o requirimento de emenda de documentación das solicitudes presentadas para a convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia competitiva dirixida a entidades deportivas sen ánimo de lucro destinadas ao fomento e o apoio ao desenvolvemento de actividades físicas e deportivas que se realicen durante o exercicio 2024.
O prazo de emenda é de 10 días hábiles a partir do seguinte da publicación, é dicir, entre o 9 de agosto e o 23 de agosto de 2024, ambos incluídos.A documentación deberá achegarse na Sede Electrónica do Concello da Coruña:
A través do trámite "Aportación de documentación e/ou alegacións a un expediente" indicando o número de expediente que consta no anexo preferentemente a través do procedemento accesible desde o seguinte enlace:
24 de Abril de 2024 -ANUNCIO
A Concellaría de Deportes do Concello da Coruña publicou, por resolución de data 17 de abril de 2024 do Terceiro tenente de alcaldesa e concelleiro delegado responsable da Área de Fomento e Promoción da Ciudade por delegación da Xunta de Goberno Local, a convocatoria das subvencións destinadas a entidades sen ánimo de lucro para o fomento e apoio á realización de actividades físicas e deportivas no Concello da Coruña para o ano 2024.
O extracto desta convocatoria foi publicado mediante anuncio no BOP de A Coruña nº 80, de 24 de abril de 2024, coa seguinte referencia:
Ref. 211/2023/866 Convocatoria Deportes - BDNS(Identif.): 755583. O enlace público de consulta é:
O prazo de presentación de instancias é de 20 días naturais a partir do seguinte ao da súa publicación no BOP, é dicir, do 25 de abril ao 14 de maio de 2024, ambos incluídos.
As solicitudes se deberán presentar obrigatoriamente na sede electrónica do Concello da Coruña, na cal poderá consultar os ANEXOS a presentar:
O anuncio do BOP pódese consultar no seguinte enlace:
Ao pé de paxina pode descargar todos os documentos desta convocatoria.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible