Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Área de Fomento e Promoción da cidade

Bolsas Deportistas Individuais

O Concello da Coruña, dentro das súas competencias de promoción do Deporte, e consciente das dificultades que teñen moitos deportistas individuais para poder levar a cabo os seus adestramentos e competicións, polo elevado custo que supoñen os desprazamentos, licenzas federativas, equipamentos, etc., considera necesario aprobar unha liña de axudas a deportistas individuais que teñan o carácter de bolsas.

En concreto, estas bolsas convócanse para apoiar a deportistas individuais coruñeses, como medio de apoiar e promover o deporte coruñés e, desta forma, conseguir logros deportivos para a cidade da Coruña.

Con estas bolsas preténdense apoiar a práctica e o rendemento deportivo, tanto en relación ao perfeccionamento técnico e a obtención de maior rendemento nas respectivas modalidades deportivas, como facilitando a súa participación en competicións deportivas de alto nivel.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión