Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Área de Fomento e Promoción da cidade

Campaña de Neve 2025 - Deputación da Coruña

DESTINATARIOS

Nenos e nenas EMPADROADOS NO CONCELLO DA CIDADE DA CORUÑA, de 11 a 15 anos, ambos inclusive, cumpridos a 31 de decembro de 2024.

Terán preferencia os/as nenos/as que non foran a ningunha campaña de Inverno/Neve da Deputación. No caso que houbese mais solicitudes que prazas ofertadas, realizarase un sorteo público para a asignación de prazas.

QUENDA:

Do 17 ao 20 de Xaneiro de 2025 , na estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias). con entrada na estación o venres antes do xantar e a saída o luns despois do xantar.

Nº DE PRAZAS: 29

COTA DE INSCRICIÓN:

85€ (oitenta e cinco euros)

O prezo desta campaña inclúe:

  • Transporte.
  • Estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares.
  • Monitores.
  • Clases de esquí.
  • Seguros.
  • Alugamento de material.
  • Remontes mecánicos.
  • E todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

SOLICITUDE E PREINSCRICIÓN

Dende a publicación, ata o 2 de decembro ás 23:59h. só se aceptaran solicitudes recibidas a través do seguinte formulario:

No caso de detectarse máis dunha solicitude para unha persoa, seguirase o criterio de convocatorias anteriores, e figurará sempre a máis recente, descartantose as máis antigas.

Non e preciso achegar ningunha documentación nesta fase de preinscrición. Deberase presentar unicamente na inscrición definitiva.

LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITANTES:

Publicarase o día 3 de decembro de 2024 as 15:00h, na que se poderán revisar os datos persoais.

SUBSANACIÓN DE ERROS:

Dende a publicación da listaxe provisional ata o día 8 de decembro de 2024. As alegacións presentaranse unicamente a través do seguinte enderezo electrónico programasdeportivos@coruna.gal.

LISTAXE DEFINITIVA DE SOLICITANTES:

Unha vez pechado o prazo de subsanación de erros, publicarase o dia 9 de decembro de 2024 as 10:00h  a listaxe definitiva de solicitantes na que tamen se asignara un número para o sorteo de adxudicación de prazas segundo a data de entrada da solicitude.

SORTEO

No suposto de que existan máis solicitudes que prazas, para establecer a orde de adxudicación de prazas celebrarase un sorteo público do número asignado, o día 9 de decembro, ás 11:00 h. nas oficinas municipais do Palacio dos Deportes de Riazor (Rúa Manuel Murguía s/n).

Orde de preferencia para a adxudicación das prazas: nos supostos en que o número de prazas solicitadas sexa maior das ofertadas, para a orde de preferencia terase en conta:

  1. Persoas que non participasen en anteriores campañas de Neve (listaxe preferente) 
  2. A partir do número agraciado no sorteo asignaranse 29 prazas.
  3. Todos os solicitantes que non obtivesen praza pasarán a formar parte da listaxe de agarda.

LISTAXE DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

A listaxe definitiva publicarase o día 10 de decembro de 2024 as 11:00h. 

MATRÍCULA E FORMALIZACIÓN DAS INSCRICIÓNS

Do 10 ao 15 de decembro de 2024 a través do correo electrónico programasdeportivos@coruna.gal, deberase formalizar a matricula, segundo as normas e documentación solicitada pola Deputación da Coruña.

No caso de non presentar dita documentación en prazo, entenderase que renuncia á praza, e adxudicaranse as prazas vacantes unha vez rematado este prazo, seguindo a listaxe de agarda.

Será necesario achegar a seguinte documentación: 

  1. Ficha de inscrición da Deputación da Coruña.
  2. Foto de carné.
  3. Fotocopia do documento de asistencia sanitaria.
  4. Fotocopia do libro de familia ou carné de identidade.
  5. Xustificante de pago da cota (unha vez adxudicadas as prazas, informarase da conta onde se realizará o ingreso, no caso de dispoñer de dito numero, no que se fará constar "CAMPAÑA DE NEVE 2025 - DEPUTACIÓN DA CORUÑA" - CONCELLO DA CORUÑA e NOME da nena/o)
  6. No caso de tratamento específico ou doenza que sexa necesario ter en conta, xustificante médico asinado polo facultativo pertinente. Importante facer constar as alerxias alimenticias ou de calquera outro tipo.

MOVEMENTO DE LISTAXE DE AGARDA

No caso de non cubrir as prazas no período ordinario de formalización de matrícula, Dende o 16 ao 19 de decembro de 2024 procederase a avisar as persoas da listaxe de agarda, seguindo a orde establecida na listaxe definitiva, ata completar as 29 prazas dispoñibles

OUTRAS DISPOSICIÓNS

Non se permite a cesión a terceiras persoas da praza asignada.

As listaxes de solicitantes dos cursos ofertados, listaxes definitivas e demais documentación, información ou notificación referida a esta convocatoria publicarase na páxina web municipal, nos taboleiros de anuncios das instalacións deportivas municipais e no teléfono de información cidadá 010.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión