Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Deportes

coruna.gal

Prazas Dispoñibles - Convocatoria E.D.M. 2024/25

Prazas dispoñibles desta convocatoria das Escolas Deportivas Municipais para o Curso 2024/25

ACTUALIZADAS: 31 de xaneiro de 2025

A QUEN VAN DIRIXIDAS?

Poderán acceder a estas prazas as persoas que o desexen, sexan ou non alumnos/as das EDM.

Establécese o límite de dúas prazas por persoa nas EDM, de tal forma que se xa se alcanzou este límite non se poderá matricular en ningunha das prazas vacantes.

PERIODOS DE ACTUALIZACIÓN DE PRAZAS:

  • Prazas para Escolas de 6 a 17 anos: dende o 04 de outubro ata o 27 de decembro de 2024, podendo matrícularse ata o 30 de decembro de 2024
  • Prazas para 18-60 anos e +60 anos: dende o 04 de outubro de 2024 ata o 31 de xaneiro de 2025, podendo matrícularse ata o 7 de febreiro de 2025

CAMBIOS DE HORARIO AO LONGO DO CURSO ESCOLAR​:

Aquelas persoas que por circunstancias de conciliación laboral, persoal ou de calquera outra índole desexen cambiar o horario, na mesma modalidade deportiva, (por exemplo: de natación a natación) poderán acceder ás prazas vacantes que se publicarán cada venres, desde o 4 de outubro ao último venres de xaneiro de 2025 (respetando os periodos por franxa de idade) e que estarán a libre disposición.

No seu caso, deberán tramitar conxuntamente a baixa no grupo do que desexan marchar e a alta no novo horario, sen necesidade de aboar novamente a taxa, agás a diferencia no importe no caso de pasar dunha frecuencia menor a unha frecuencia semanal maior (por exemplo, de dous días á semana a tres días a semana).

Rematado este prazo, non se admitirán máis cambios e deberán agardar á seguinte renovación co seu conseguinte novo prazo de cambios.

Non se permiten cambios de modalidade deportiva, nin entre as instalacións de San Diego ou San Amaro entre si ou co resto de instalacións.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

A matrícula (tanto nova alta coma cambio de horario) formalizarase no rexistro do Servizo Municipal de Deportes situado na C.D. Riazor en horario de maña de 08:00 a 14:00h. Para acudir a este rexistro, será necesario concertar cita previa, a través da páxina web (https://citaprevia.coruna.gal/) ou no teléfono de atención cidadá 010, deberá solicitarse unha cita por cada matrícula que se vaia realizar, de tal xeito que se unha mesma persoa vai facer máis dunha matrícula (para si mesma e outras persoas), concertará tantas citas como matrículas se queran formalizar.

Prégase máxima puntualidade. Non se atenderá a ningunha persoa antes nin depois da hora da súa cita.

Documentación que debe acompañar

  • Menores de 14 anos: Fotocopias do DNI (de non telo, do Libro de Familia) e do DNI do pai/nai.
  • A partir de 14 anos e ata os 18: Fotocopias do DNI e do DNI dos proxenitores.
  • Alumnado suxeito a tutela, con independencia da idade: fotocopia do DNI, se o tivese e, ademais, do documento legal que a acredite e do DNI do titor/a.
  • Maiores de 18 anos: Fotocopia do DNI.

Non se garante a dispoñibilidade da praza no momento da formalización, dado que se adxudican por orde de cita previa solicitada.

CADRO DE PRAZAS DISPOÑIBLES (Para estes efectos, considerarase a idade referida na data do 31 de decembro de 2024)

Actualizadas: 31 de xaneiro de 2025

Maiores de idade: 18 a 60 e +60 Anos:

Para estes efectos, considerarase a idade referida na data de 31 de decembro de 2024.

FRANXA DE IDADE CÓDIGO DE CLASE CLASE PRAZAS LIBRES
EDM out-xuño 18-60 Anos 4285 BADMINTON +18 RIAZOR MA-XO 08:00-09:00 1
4332 MANTEMENTO +18 BARRIO LU-ME-VE 21:30-22:30 1
4412 NATACION PERFEC. +18 RIAZOR MA-XO 21:45-22:30 1
4820 ZUMBA +18 SAN FRANCISCO XABIER MA-XO 19:00-20:00 1
4827 PILATES +18 NOVO MESOIRO LU-ME 08:00-09:00 2
4851 ZUMBA +18 RIAZOR MA-XO 08:00-09:00 8

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible