Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Área de Fomento e Promoción da cidade

Convocatoria de Renovación - EDM 2024-25

ANUNCIO

Todas as publicacións relativas a este proceso faranse polos seguinte medios:

  • Na páxina web municipal  www.coruna.gal/deportes.
  • Nos taboleiros de anuncios das instalacións deportivas municipais.

Así mesmo, poderase obter información no teléfono gratuíto de atención á cidadanía 010.

Pode consultar as bases desta convocatoria no documento adxunto no pé da páxina ou na seguinte ligazón: 

21 de xuño de 2024 - Cambios de horario

Se procede a la publicación del listado del alumnado que, de acuerdo con el punto 1.5 de las bases de la convocatoria, solicitó el cambio de horario en la misma modalidad deportiva, para el curso 2024-2025.:

Como NO ES NECESARIO SORTEO, esta lista se convierte en definitiva y por tanto, el alumnado cuyo cambio está concedido deberá FORMALIZAR EL CAMBIO, del 1 al 3 de julio, en la caja del Palacio de Deportes de Riazor, en horario de 08:15-13:30 h., preferentemente con cita previa

En caso de no acudir a formalizar el cambio, el alumnado se mantendrá en el grupo de origen.

19 de xuño de 2024 - Matrícula on line para las renovaciones de cambio de grupo por edad

Del 20 al 26 de junio, se podrán tramitar telemáticamente las renovaciones de las personas que cambian de grupo por edad. 

Para ello, deberán acceder a la plataforma en línea del Servicio Municipal de Deportes: Acceso a Cronos Web

Recomendamos consultar la  Guía de acceso a Cronos Web - Renovaciones EDM

13 de xuño de 2024 - Cambios de grupo por idade

O cambio de grupo por idade realizarase na mesma modalidade deportiva.

Data da matrícula do 20 ao 26 de xuño, nas oficinas de atención ao público na Cidade Deportiva de Riazor no seu horario de atención ao público.

1.- Cambios de grupo por idade menores de idade (de 6-17 anos)

O alumnado dos grupos con problemas de praza ou que teñen varias posibilidades de horario a elexir, e que cumpriron os trámites establecidos no punto 1.3.1, poden consultar o grupo no que poden formalizar a matrícula na seguinte listaxe, posto que non é  necesario facer sorteo:

O alumnado, entre 6 e 17 anos, que cambia de grupo por idade no resto das modalidades deportivas que non teñen problema de praza, poderá tamén formalizar a matrícula no mesmo prazo.

2.- Cambio de grupo por idade do alumnado maior de idade

O alumnado maior de idade que voluntariamente solicitou o cambio de grupo por idade de acordo ao establecido no punto 1.4.2 das bases da convocatoria, posto que tampouco é necesario facer sorteo, poderá formalizar a matrícula, no mesmo prazo, na clase indicada na seguinte listaxe:

RENOVACIÓN EDM 2024-25

A renovación da matrícula vai dirixida a todo o alumnado matriculado e asistente nas EDM no curso 2023-24 que desexe renovar a súa matrícula para o vindeiro curso 2024-2025 con asistencia igual ou maior a un 60% tanto no caso das actividades xestionadas directamente polo SMD do Concello da Coruña así como polas concesionarias do Complexo Deportivo de San Diego e do Club do Mar de San Amaro.

A renovación realizarase na actividade, no grupo e horario no que se estea inscrito/a no curso 2023-24. O SMD poderá cambiar a denominación dos grupos co fin de ordenar a oferta das EDM. Neste caso, cada persoa quedará adscrita a un grupo equivalente ao que estaba matriculada. 

Considerarase a idade referida á data 31 de decembro de 2024.

LISTAXE DE ALUMNADO EDM 2024-25

Na seguinte ligazón pode consultar o alumnado que: ten dereito a renovar, o que cambia de idade, o que non ten continuidade nas EDM ou aqueles casos aos que non corresponde renovación:

DATAS, LUGAR E HORARIOS PARA AS RENOVACIÓNS

Publicación da listaxe: 24 de abril a partir das 10:00h

  • O SMD publicará na páxina web municipal www.coruna.gal/deportes  e nos taboleiros de anuncios dos centros deportivos a listaxe do alumnado que poderá renovar
  • Para renovar as actividades impartidas en San Diego e San Amaro, as listaxes das persoas con dereito a renovación serán publicadas polas empresas concesionarias dos devanditos centros.

Presentación de alegacións: do 25 ao 30 de abril, nas oficinas de coordinación das EDM nos horarios de 08:15-14:00 e das 17:00-19:00 de luns a venres.

Disporán dun prazo de presentación de alegacións correspondentes e xustificacións aquelas persoas que acrediten que as ausencias tiveron lugar por causas de forza maior ou estado de necesidade. Neste punto aclárase que non terán esta condición as ausencias por enfermidade preexistente á data de matriculación no curso anterior e/ou enfermidade crónica.

Matrículas: en xeral do 2 ao 27 de maio, ambos incluídos

  • Entenderase que as persoas que non se matriculen nas datas indicadas para a renovación, renuncian a praza.

Para facilitárllelo ás persoas residentes dos contornos do barrio das Flores e da Torre, abriranse as oficinas do Barrio das Flores do 2 ao 8 de maio e as oficinas da Cidade Deportiva da Torre do 9 ao 16 de maio.

RENOVACIÓN PRESENCIAL: *terá preferencia a cita previa (1 por matrícula). Pode solicitala en www.citaprevia.coruna.gal ou chamando ao 010

Oficinas de atención ao público

Idades

Datas

Horario

Palacio de Deportes Riazor*

MAIORES DE 60 ANOS

2 ao 10 maio

Lu-Ve 08:15-14:00

Palacio de Deportes Riazor*

18-60 ANOS

13 ao 20 maio

Lu-Ve 08:15-14:00

Palacio de Deportes Riazor*

ATA 17 ANOS

21 a 27 maio

Lu-Ve 08:15-14:00

Cidade Deportiva da Torre*

TODAS AS IDADES

9 ao 16 maio

Lu-Ve 08:15-14:00

Polideportivo do Barrio das Flores*

TODAS AS IDADES

2 ao 8 maio

Lu-Ve 08:15-14:00

Club do Mar de San Amaro

TODAS AS IDADES

02 maio ao 27 maio

Lu-Ve 9:30-19:30

CDM de San Diego

TODAS AS IDADES

02 maio ao 27 maio

Lu-Ve 08:00-22:30;

Sa 09:00-21:30

Festivo. 09:00-14:00

CAMBIO DE GRUPO POR IDADE

1.- Cambios de grupo por idade menores de idade (de 6-17 anos)

O cambio de grupo por idade realizarase na mesma modalidade deportiva, sempre e cando a EDM dispoña de prazas.

Data da matrícula do 20 ao 26 de xuño, nas oficinas de atención ao público na Cidade Deportiva de Riazor nos horarios publicados (consultar o cadro anterior).

As EDM que en primeira convocatoria non dispoñen de prazas ou poden optar a varios horarios son as seguintes:

-Alumnado de Patinaxe de 6 a 8 anos, con cambio a Patinaxe de 9 a 11 anos. (Polideportiva núm. 1 Riazor)

-Alumnado de Minitenis de 6 a 8 anos (da Torre), con cambio a Tenis 9-11. (Torre, Riazor, Novo Mesoiro)

-Alumnado de Natación de 6-8 anos, con cambio a 9-11 anos. (Riazor)

-Alumnado de Tenis de 9-11 anos (Riazor/Torre/N. Mesoiro) que cambia a Tenis de 12-17 anos. (Riazor/Torre/N. Mesoiro)

-Alumnado de Natación de 9 a 11 anos, con cambio a Natación de 12 a 17 anos. (Riazor)

-Alumnado de Patinaxe de 9-11 anos, con cambio a 12-17. (Polideportiva núm. 1 Riazor)

Neste caso o alumnado deberá realizar o seguinte procedemento:

  • Remitirase por correo electrónico unha ligazón a un formulario de solicitude coas diferentes opcións que deberá ser cuberto e enviado entre o 2 e o 31 de maio.
  • Se houbese máis solicitudes que prazas publicarase unha listaxe o 13 de xuño.
  • Sorteo o 14 xuño.
  • Listaxe de adxudicación o 18 de xuño
  • Matrículas: data de matrícula do 20 ao 26 de xuño

2.- Cambio de grupo por idade do alumnado maior de idade

alumnado poderá realizalo de forma voluntaria ou permanecer no grupo de orixe sempre que o seu estado físico o permita.

O alumnado que decida permanecer no grupo de orixe deberá matricularse nas datas arriba indicadas segundo o procedemento de renovación.

O alumnado que voluntariamente desexe cambiar a grupo de +60 deberá seguir o seguinte procedemento:

  • Solicitude na oficina de coordinación das EDM no Palacio de Deportes de Riazor do 2 ao 31 de maio.
  • Se houbese máis solicitudes que prazas publicarase unha listaxe o 13 de xuño.
  • Sorteo o 14 de xuño.
  • Listaxe de adxudicación o 18 de xuño
  • Matrículas: data de matrícula do 20 ao 26 de xuño.

3.- Cambios de horario e instalacións

Só se admitirán solicitudes de cambio de horario por motivos de conciliación familiar ou causas de forza maior e atenderase no caso de que houbese praza.

Para optar ao cambio deberá previamente matricularse na súa praza de orixe nas datas indicadas para as renovacións.

  • Presentarase na oficina de coordinación das EDM a solicitude do 17 ao 19 de xuño. (Palacio de Deportes de Riazor)
  • Se houbese máis solicitudes que prazas:
    • Listaxe Provisional: 21 de xuño.
    • Sorteo: 26 xuño.
    • Listaxe de adxudicación: 28 de xuño.
  • Cambio de recibo (confirmación do cambio). Do 1 ao 3 de xullo.

No caso das EDM na Piscina Municipal de San Amaro e no Complexo Deportivo Municipal de San Diego:

  • Cambio de hora: deberan solicitarse nas devanditas instalacións.
  • Non procede o cambio de instalación.

PAGO DA TAXA CORRESPONDENTE

Para que a renovación sexa efectiva o alumnado deberá pagar a taxa correspondente de acordo co previsto na Ordenanza Fiscal número 15 do Concello da Coruña en vigor. O seu pago poderase efectuar tanto en efectivo como mediante tarxeta. 

Segundo o artigo 8 da dita ordenanza "Esixirase o depósito previo das taxas correspondentes a ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS no momento de efectuarse a matriculación. Iniciada a prestación do servizo, a cantidade ingresada en concepto de depósito aplicarase ao importe definitivo da taxa, polo que procederá a súa devolución se o/a alumno/a solicita a baixa na actividade con antelación ao comezo do curso..."

A ordenanza contempla tarifas reducidas por rendemento económico ou IPREM, para o cal deberán achegar a documentación preceptiva con carácter previo á renovación nos rexistros do SMD.

O pago poderase efectuar en efectivo ou con tarxeta.

RENUNCIA Á PRAZA

As persoas que, rematado o prazo de renovación que corresponda, non fixesen o pagamento da taxa correspondente entenderase que renuncian á praza na que podían renovar. A dita praza pasará á convocatoria libre e ofertarase para o curso 2024-25. 

En todo caso, unha persoa que renunciou ou que non renovou unha praza por calquera circunstancia sempre vai poder optar a convocatoria libre por esa ou por outra que saia ofertada.

LIMITACIÓN NO NÚMERO DE ACTIVIDADES POR PERSOA

Para o curso 2024-2025 como norma xeral, establécese a limitación de ocupar como máximo dúas prazas das EDM no mesmo curso, exceptuando:

  • As actividades de recuperación funcional e natación prenatal, de forma temporal.

Esta limitación establécese considerando conxuntamente as instalacións deportivas municipais de xestión directa así como os complexos deportivos de San Diego e San Amaro.

Documentos relacionados

  • Bases da convocatoria de renovacións - EDM Curso 2024-25 (531 KB)
  • Listaxe Alumnado Renovacións - EDM 2024-25 (551 KB)
  • Folla de cambio de idade +18 a +60 - EDM 2024-2024 (546 KB)

Cadro de Taxas 2024-25

Información sobre as taxas municipais aplicadas ás Escolas Deportivas Municipais

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

TAXAS* Consultar taxas reducidas por rendemento económico ou IPREM. Máis información na  Ordenanza Fiscal nº 15-Reguladora da taxa pola prestación de servizos nas instalacións Deportivas Municipais

Menores de 18 anos

Actividades en auga e seco

1 día - 18,81 €

2 días - 37,60 €

3 días - 55,93 €

Recuperación Funcional

2 días - 69,63 €

3 días - 84,78 €

Entre 18 e 64 anos

Actividades en auga e seco

2 días - +18 anos - 56,83 €

3 días - +18 anos - 84,79 €

Recuperación Funcional

2 días - +18 anos - 97,92 €

3 días - +18 años - 124,92 €

Maiores de 65 anos

Actividades en auga e seco

2 días - +65 anos - 10,49 €

3 días - +65 anos - 16,62 €

Recuperación Funcional

2 días - +65 anos - 59,31€

3 días - +65 anos - 74,16 €

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión