Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Deportes

coruna.gal

Programa de natación prenatal

A actividade de natación prenatal (dirixida a mulleres embarazadas) ten carácter mensual e desenvólvese na Piscina Municipal de Riazor durante todo o ano (agás no período de peche anual da instalación).

HORARIOS OUTUBRO-XUÑO*:

  • Luns: 16:30-17:15
  • Mércores: 16:30-17:15

*Seguirase o calendario lectivo escolar en canto a vacacións e días festivos ou non lectivos. Pódense consultar as datas nas que non haberá clase no apartado de Escolas Deportivas Municipais

Para poder inscribirse é necesario abonar a taxa en calquera dos rexistros de Deportes, preferentemente concertando cita previa ou telemáticamente a través da plataforna en liña Cronos web, como se indica máis abaixo.

A inscrición mensual actívase a semana anterior ao mes en que se desenvolva a actividade. As alumnas inscritas terán preferencia para renovar a praza para o mes seguinte.

TARIFA VIXENTE:

Natación prenatal - tarifa mensual: 7,00 € (Ordenanza Fiscal nº15, apartado 15.5)

PRAZAS DISPOÑIBLES E MATRÍCULA EN LIÑA

Para a consulta de prazas libres, así como para a matrícula telemática*, é necesario acceder á plataforma en liña do Servizo Municipal de Deportes: Acceso a Cronos Web.

Recomendamos consultar a Guía de acceso a Cronos Web - Natación Prenatal

*A matrícula presencial tamén está dispoñible, como habitualmente.

NOTA: As alumnas inscritas no mes en curso, terán reserva de praza para o mes seguinte. Desta forma, establecerase un prazo duns días para que formalicen a inscrición. No caso de non facelo, as prazas quedarán a libre disposición.

CÓDIGOACTIVIDADE E HORARIOOFERTA INICIAL DE PRAZAS
4848NATACION PRENATAL MENSUAL RIAZOR LU 16:30-17:15 - MAIO8
4849NATACION PRENATAL MENSUAL RIAZOR ME 16:30-17:15 - MAIO8

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible