Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Área de Fomento e Promoción da cidade

Campaña de Neve 2024 - Deputación da Coruña

NÚMERO DE CONTA PARA O ABONO DA COTA DE PARTICIPACIÓN:

Xa está publicado na web da Deputación (https://www.dacoruna.gal/deportes/campana-da-neve-2024#Datos+de+pago) o número de conta para facer o ingreso dos 85€ correspondentes á cota de participación para as persoas con praza e xa enviaron o resto de documentación:

  • ENTIDADE: ABANCA Corporación Bancaria, S.A.
  • IBAN: ES64 2080 0040 6830 4002 7034
  • TITULAR: EMBAJADOR 1992, S.L.
  • IMPORTANTE: no "concepto" poner só nome e apelidos do/a neno/a, o concello de empadroamento e "Campaña de neve 2024".

O resgardo do ingreso deberá enviarse por correo electrónico á dirección programasdeportivos@coruna.gal. O prazo límite para o envío será o xoves 4 de xaneiro de 2024, ás 23:59h. 

No caso de non recibir o resgardo do pagamento da cota, entenderase que se renuncia á praza e procederase a activar a listaxe de agarda.

DESTINATARIOS:

Nenos e nenas EMPADROADOS NO CONCELLO DA CIDADE DA CORUÑA, de 11 a 15 anos, ambos inclusive, cumpridos a 31 de decembro de 2023.

13 DE DECEMBRO - SORTEO PUBLICO E ADXUDICACIÓN DE PRAZAS E LISTAXE DE AGARDA

Dado que se recibiron máis solicitudes que prazas ofertadas realizarase un sorteo durante o cal se sacará UN NÚMERO para establecer a orde de asignación, o cal estará comprendido entre os números da primeira e a última solicitude rexistradas correctamente (0001 e 0463). Pode seguir dito sorteo a través da seguinte ligazón:

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS E LISTAXE DE AGARDA:

Pode consultar na seguinte ligazón a listaxe de adxudicación de prazas que vai dende MORA S., LUCIA (97) ata VARELA R., LUCIA (129), o resto de solicitantes figuran coma listaxe de agarda:

Orde de preferencia para a adxudicación das prazas unha vez realizado o sorteo: 

  • As persoas que non participasen en ningunha campaña de neve da Deputación da Coruña
  • As persoas que participasen algunha campaña de neve da Deputación da Coruña.
  • O número para o sorteo asignado ás persoas solicitantes, por orde de entrada das solicitudes. 

Para establecer a orde dos anteriores criterio terase en conta o número de solicitude asignado e conforme ao agraciado no sorteo público (este incluído).

PRAZO DE FORMALIZACIÓN: 13 ao 17 de decembro a traves do correo programasdeportivos@coruna.gal

En caso de non presentar a matrícula entenderase que se renuncia á praza, e adxudicaranse as prazas vacantes seguindo a listaxe de agarda.

Documentación a presentar: 

  1. Ficha de Inscrición - CAMPAÑA DA NEVE 2024 - Deputación da Coruña  
  2. Foto de carné.
  3. Fotocopia do documento de asistencia sanitaria.
  4. Fotocopia do libro de familia ou carné de identidade.
  5. Xustificante de pago da cota: 85€ (no que se fará constar "CAMPAÑA DE NEVE 2024 - DEPUTACIÓN DA CORUÑA" - CONCELLO DA CORUÑA e NOME da nena/o). - NO MOMENTO QUE DISPOÑAMOS DO NÚMERO DE CONTA FACILITARASE VIA MAIL E PUBLICARASE NESTA MESMA PÁXINA WEB.
  6. No caso de tratamento específico ou doenza que sexa necesario ter en conta, xustificante médico asinado polo facultativo pertinente. Importante facer constar as alerxias alimenticias ou de calquera outro tipo Autorización Medicación - CAMPAÑA DA NEVE 2024 - Deputación da Coruña .

4 DE DECEMBRO - LISTAXE PROVISIONAL

Procédese á publicación da listaxe provisional de solicitantes de empadroados no Concello da Coruña e as listaxe de solicitudes descartadas para a Campaña de Neve 2024 - Deputación da Coruña co número asignado tendo en conta a data de entrada da solicitude, que terá lugar na estación de Valgrande-Pajares, pode consultalos nas seguintes ligazons:

Prazo de subsanación:

Dende a publicación da listaxe ata o 7 de decembro de 2023 ás 23:59 h., a través do correo electrónico: programasdeportivos@coruna.gal

Durante este prazo poderanse subsanar so datos persoais tales coma data de nacemento, apelidos, etc

Sorteo de asignación de prazas:

13 de decembro de 2023 ás 09:00h, para establecer a orde de adxudicación sacaranse 1 número, o cal servirá de corte en base ao número adxudicado por orde de entrada das solicitudes. 

Listaxe de asignación de prazas:

13 de decembro a partir das 15:00h

Orde de preferencia para a adxudicación das prazas unha vez realizado o sorteo: 

  • As persoas que non participasen en ningunha campaña de neve da Deputación da Coruña.
  • As persoas que participasen algunha campaña de neve da Deputación da Coruña.

Para establecer a orde dos anteriores criterio terase en conta o número de solicitude asignado e conforme ao agraciado no sorteo público (este incluido).

7 DE NOVEMBRO DE 2023 - CONVOCATORIA 

DESTINATARIOS:

Nenos e nenas EMPADROADOS NO CONCELLO DA CIDADE DA CORUÑA, de 11 a 15 anos, ambos inclusive, cumpridos a 31 de decembro de 2023.

Terán preferencia os/as nenos/as que non foran a ningunha campaña de Inverno/Neve da Deputación. No caso que houbese mais solicitudes que prazas ofertadas, realizarase un sorteo público para a asignación de prazas.

Elabóranse dúas listaxes:

  • Listaxe preferente: os que opten a realizar a actividade por primeira vez.
  • Listaxe secundaria: os que xa realizaran a actividade nos últimos 5 anos.

QUENDA:

Do 12 ao 15 de Xaneiro de 2024 , na estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias). con entrada na estación o venres antes do xantar e a saída o luns despois do xantar.

Nº DE PRAZAS: 30

COTA DE INSCRICIÓN:

85 € (oitenta e cinco euros)

O prezo desta campaña inclúe:

  • Transporte.
  • Estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares.
  • Monitores.
  • Clases de esquí.
  • Seguros.
  • Alugamento de material.
  • Remontes mecánicos.
  • E todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

PRAZO SOLICITUDE E PREINSCRICIÓN:

Dende a publicación,  ata o 1 de decembro de 2023 as 14:00h. so se aceptaran solicitudes recibidas a través do seguinte formulario:

Non e preciso achegar ningunha documentación nesta fase de preinscrición. Deberase presentar unicamente na inscrición definitiva.

LISTAXE PROVISIONAL:

Publicarase o día 4 de decembro de 2023 as 14:00h, na que se asignara un número para o sorteo público e na que se poderán revisar os datos persoais.

  • A asignación do número farase preferentemente por orde de entrada da solicitude.
  • No caso de solapamento de orde de entrada ou da admisión de emenda de erros, asignarase correlativamente o primeiro número libre.

SUBSANACIÓN DE ERROS:

Dende a publicación da listaxe provisional ata o día 7 de decembro de 2023. As alegacións presentaranse no seguinte enderezo electrónico programasdeportivos@coruna.gal.

SORTEO

No suposto de que existan máis solicitudes que prazas, para establecer a orde de adxudicación de prazas celebrarase un sorteo público do número asignado, o día 13 de decembro de 2023, ás 09:00 h. nas oficinas municipais do Palacio dos Deportes de Riazor (Rúa Manuel Murguía s/n).

Orde de preferencia para a adxudicación das prazas: nos supostos en que o número de prazas solicitadas sexa maior das ofertadas, para a orde de preferencia terase en conta:

  1. Persoas que non participasen en anteriores campañas de Neve (listaxe preferente) 
  2. A partir do número agraciado no sorteo asignaranse 30 prazas.
  3. Todos os solicitantes que non obtivesen praza pasarán a formar parte da listaxe de agarda.
  4. No caso de non cubrir as prazas coa listaxe preferente, aténdense as solicitudes da listaxe secundaria, atendendo o número de sorteo.

LISTAXE DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

A listaxe definitiva publicarase o día 13 de decembro de 2023 as 15:00h. 

MATRÍCULA E FORMALIZACIÓN DAS INSCRICIÓNS

Do 13 ao 17 de decembro de 2023 a través do correo electrónico programasdeportivos@coruna.gal deberase formalizar a matricula, segundo as normas e documentación solicitada pola Deputación da Coruña.

En caso de non presentar a matrícula entenderase que se renuncia á praza, e adxudicaranse as prazas vacantes seguindo a listaxe de agarda.

Será necesario achegar a seguinte documentación: 

  1. Ficha de inscrición da Deputación da Coruña.
  2. Foto de carné.
  3. Fotocopia do documento de asistencia sanitaria.
  4. Fotocopia do libro de familia ou carné de identidade.
  5. Xustificante de pago da cota (unha vez adxudicadas as prazas, informarase da conta onde se realizará o ingreso, no que se fará constar "CAMPAÑA DE NEVE 2024 - DEPUTACIÓN DA CORUÑA" - CONCELLO DA CORUÑA e NOME da nena/o)
  6. No caso de tratamento específico ou doenza que sexa necesario ter en conta, xustificante médico asinado polo facultativo pertinente. Importante facer constar as alerxias alimenticias ou de calquera outro tipo.

OUTRAS DISPOSICIÓNS

Non se permite a cesión a terceiras persoas da praza asignada.

As listaxes de solicitantes dos cursos ofertados, listaxes definitivas e demais documentación, información ou notificación referida a esta convocatoria publicarase na páxina web municipal, nos taboleiros de anuncios das instalacións deportivas municipais e no teléfono de información cidadá 010.

Pode consultar as Bases completas no documento adxunto ao pé da páxina

Documentos relacionados

  • BASEES - Campaña de Neve 2024 - Deputación da Coruña (201 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión