Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Para o demandante de emprego: demanda de servizos, renovación de demanda, ofertas de emprego, curso de formación ocupacional, introdución e modificación de currículo
Para o empresario: introdución de ofertas de traballo, selección de candidatos, lista de contratos, creación e xestión de contratos, comunicación de contratos a través de Contrat@.
Horario:
Atención ao público:
Luns a venres de 09.00 h a 14.00 h.
Revisións:
Luns a venres de 09.00 h a 11.00 h.
Titularidade:
Servizo Público de Emprego de Galicia. Consellería de Traballo.
A tramitación da prestación de desemprego realizarase na Oficina de Emprego. O persoal que o/a atenderá depende do Instituto Nacional de Emprego (INEM) pertencente ao Ministerio de Traballo e Inmigración.
Datos de interese:
Esta oficina comprende os códigos postais: 15006, 15008, 15009 e os concellos de Cerceda, Culleredo, Carral, Cambre, Oleiros e Sada.
As oficinas de emprego son os puntos de atención que pon a disposición de traballadores e empresarios o Servizo Público de Emprego de Galicia.
Presta servizos en dúas áreas:
Intermediación laboral: ofrécelles atención personalizada ás persoas en situación de desemprego ou traballadores que queiran mellorar as súas condicións laborais, realizando tarefas de intermediación laboral, e aos empresarios ser atendidos da forma máis adecuada para atopar os traballadores co perfil máis axeitado para cubrir os postos de traballo que oferte.
Orientación laboral: mediante este servizo son informados os demandantes de emprego sobre o seu potencial laboral, ofrecéndolles un abano de ofertas formativas para facilitar a súa inserción no mundo laboral: Escolas taller, Casas de oficios, Talleres de emprego, Formación ocupacional e continua, Programas de promoción de emprego e Rede Eures.
Requisitos necesarios para as solicitudes:
Presentar un certificado de empresa.
Cubrir uns impresos que se recollen nas oficinas do INEM.
Presentar os TC-2 dos últimos 6 meses.
As 2 últimas nóminas.
Cotización:
Mínimo: 12 meses de cotización dá lugar a unha prestación de 4 meses de paro.
Máximo: 6 anos de cotización dá lugar a 2 anos de paro.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible