Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Conseguir un incremento da competencia, da empregabilidade e das posibilidades de inserción laboral das persoas traballadoras desocupadas.
A quen vai dirixido?:
Desempregados/as inscritos/as no Servizo Público de Emprego de Galicia.
Recursos materiais:
Infraestrutura, equipamento e maquinaria, material para prácticas, material didáctico, ferramentas e utillaxe e en xeral todo aquilo necesario para o óptimo desenvolvemento do proceso formativo.
Recursos humanos:
Persoal docente amplamente cualificado nos diferentes campos formativos e persoal técnico orientado á avaliación do perfil profesional.
Número de cursos realizados.
Numero de alumnos participantes con aproveitamento.
Número de alumnos inseridos.
Máis información:
Onde solicitar información sobre a convocatoria actual? Pódela atopar nesta mesma páxina, no apartado de "Actividades" ou chamando ao Punto de Atención para o Emprego 981 184 399.
Accións Formativas para Desempregados (AFD), organizadas polo Concello da Coruña (Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio, Consumo e Turismo), financiados conxuntamente pola Xunta de Galicia (Consellería de Traballo) e pola Unión Europea (Fondo Social Europeo).
Os cursos son financiados conxuntamente pola Consellería de Traballo a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación e o Fondo Social Europeo.
Os grupos son de 15 alumnos/as, e impártense no Centro Municipal de Emprego dos Rosales ou nas instalacións do recinto de Bombeiros do Polígono da Grela.
Requisito mínimo: Estar en situación de desemprego e inscrito/a en calquera das oficinas do Servizo Público de Emprego.
A solicitude dos cursos deberase realizar en calquera das oficinas do Servizo Público de Emprego. Despois dunha preselección do alumnado (sondaxes do Servizo Público de Emprego) realízanse probas e/ou entrevistas nas instalacións do Centro Municipal de Emprego.
A orientación e o apoio á inserción facilitan a incorporación ao mercado de traballo.
O diploma acreditativo. Unha vez rematado o curso, o alumnado que o finalizase satisfactoriamente e asistise polo menos ao 75% do seu desenvolvemento, recibirá un diploma no que figura o programa do curso, número de horas, módulos transversais etc.
Información e publicidade: Consellería de Traballo (Dirección Xeral de Formación e Colocación), a nosa páxina web, oficinas de Emprego e medios de comunicación.
Financiamento: Fondo Social Europeo, Xunta de Galicia (Consellería de Traballo, Dirección Xeral de Formación e Colocación) e Concello da Coruña.
Estas accións formativas complementan a oferta de formación que ofrece anualmente no Concello da Coruña.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible