Concello da Coruña

Concello da Coruña

Oficina de Emprego Monelos

Enderezo:

Praza Rafael Dieste s/n, Bj. 15009 A Coruña

Teléfono:

981 290 577 (Servizo Público de Emprego)

981 290 088 (Servizo Público de Emprego)

981 294 533 (Servizo Público de Emprego)

901 119 999 (Información xeral)

981 175 646 (INEM)

Fax:

981 290 852 (Servizo Público de Emprego)

981 175 648 (INEM)

Páxina web:

http://traballo.xunta.es

Servizos:

Para o demandante de emprego: demanda de servizos, renovación de demanda, ofertas de emprego, curso de formación ocupacional, introdución e modificación de currículo

Para o empresario: introdución de ofertas de traballo, selección de candidatos, lista de contratos, creación e xestión de contratos, comunicación de contratos a través de Contrat@.

Horario:

Atención ao público:

Luns a venres de 09.00 h a 14.00 h.

Revisións:

Luns a venres de 09.00 h a 11.00 h. 

Titularidade:

  • Servizo Público de Emprego de Galicia. Consellería de Traballo.
  • A tramitación da prestación de desemprego realizarase na Oficina de Emprego. O persoal que o/a atenderá depende do Instituto Nacional de Emprego (INEM) pertencente ao Ministerio de Traballo e Inmigración.

Datos de interese:

  • Esta oficina comprende os códigos postais: 15006, 15008, 15009 e os concellos de Cerceda, Culleredo, Carral, Cambre, Oleiros e Sada.

As oficinas de emprego son os puntos de atención que pon a disposición de traballadores e empresarios o Servizo Público de Emprego de Galicia.

Presta servizos en dúas áreas:

  • Intermediación laboral: ofrécelles atención personalizada ás persoas en situación de desemprego ou traballadores que queiran mellorar as súas condicións laborais, realizando tarefas de intermediación laboral, e aos empresarios ser atendidos da forma máis adecuada para atopar os traballadores co perfil máis axeitado para cubrir os postos de traballo que oferte.
  • Orientación laboral: mediante este servizo son informados os demandantes de emprego sobre o seu potencial laboral, ofrecéndolles un abano de ofertas formativas para facilitar a súa inserción no mundo laboral: Escolas taller, Casas de oficios, Talleres de emprego, Formación ocupacional e continua, Programas de promoción de emprego e Rede Eures.

Requisitos necesarios para as solicitudes:

  • Presentar un certificado de empresa.
  • Cubrir uns impresos que se recollen nas oficinas do INEM.
  • Presentar os TC-2 dos últimos 6 meses.
  • As 2 últimas nóminas.

Cotización:

  • Mínimo: 12 meses de cotización dá lugar a unha prestación de 4 meses de paro.
  • Máximo: 6 anos de cotización dá lugar a 2 anos de paro.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión