Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Itinerarios

Poñeranse en marcha itinerarios de inserción en sectores produtivos con boas perspectivas de emprego, cuxo obxectivo é promover a mellora da empleabilidad das persoas beneficiarias do proxecto.

Os itinerarios de inserción inclúen a programación de:

  • Formación específica, relacionada cos sectores profesionais
  • Prácticas profesionais tutorizadas en empresas
  • Formación transversal, complementaria e titorías

A través do proxecto ofrécese formación con prácticas en empresas en sectores profesionais como:

  • Atención a persoas dependentes e servizos sociais de interese xeral
  • Comercio e Márketing
  • Administración e xestión
  • Hostalería e Turismo
  • Industria alimentaria
  • Imaxe persoal

Realizarase un proceso de selección adaptado a cada un dos itinerarios, buscando confirmar a adecuación do perfil profesional ao sector formativo, a responsabilidade na participación e a permanencia na formación.

Para as accións con certificado profesional de nivel 2 deberanse cumprir os requisitos académicos de acceso pertinentes en cada caso.

Para os Certificados de nivel 1 e para as accións formativas sen certificado profesional non se esixe ningún requisito académico de acceso.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible