Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Para o demandante de emprego: demanda de servizos, renovación de demanda, ofertas de emprego, cursos de formación ocupacional, introdución e modificación de currículo.
Para o empresario: introdución de ofertas de traballo, selección de candidatos, listaxe de contratos, creación e xestión de contratos, comunicación de contratos a través de Contrat@.
Horario:
Atención ao público:
Luns a venres de 09:00 h a 14:00 h
Revisións:
Luns a venres de 09:00 h a 11:00 h
Titularidade:
Servizo Público de Emprego de Galicia. Consellería de Traballo e Benestar. Xunta de Galicia.
A tramitación da prestación de desemprego realízase tamén na Oficina de Emprego. O persoal que o/a atenderá depende do Instituto Nacional de Emprego (INEM), pertencente ao Ministerio de Traballo e Inmigración.
Datos de interese:
Esta oficina comprende os códigos postais: 15001, 15002, 15003, 15004 e o Concello de Arteixo.
As oficinas de emprego son os puntos de atención que pon a disposición das persoas traballadoras e empresarias o Servizo Público de Emprego de Galicia.
Presta servizos en dúas áreas:
Intermediación laboral: ofrece atención personalizada ás persoas en situación de desemprego ou persoas traballadoras que queiran mellorar as súas condicións laborais, realizando tarefas de intermediación laboral, e ás persoas empresarias seren atendidas da forma máis adecuada para atopar os/as traballadores/as co perfil máis axeitado para cubrir os postos de traballo que oferte.
Orientación laboral: mediante este servizo infórmase as persoas demandantes de emprego sobre o seu potencial laboral, ofrecéndolles un abano de ofertas formativas para facilitar a súa inserción no mundo laboral: escolas taller, casas de oficios, talleres de emprego, formación ocupacional e continua, programas de promoción de emprego e Rede Eures.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible