O Proxecto SEMENTE, "Unha empresa na miña escola" proporciona un contexto práctico no que se traballa, de forma transversal, moitas das materias obxecto de estudo na aula: lingua, matemáticas, coñecemento do medio ou plástica. Ademais, achega o mundo da empresa á educación primaria e educación especial, favorecendo o desenvolvemento de competencias, coñecementos e hábitos vinculados á cultura emprendedora e aos valores da economía social: creatividade, comunicación, traballo e toma de decisións en grupo, solución de problemas...
Para iso durante o curso o alumnado constitúe unha Cooperativa Escolar, elabora produtos, solicita o permiso de venda ás autoridades municipais e a finais do mes de maio ou principios do mes de xuño realízase un Mercado.
A solicitude para participar no proxecto realízase a través da páxina web educativa www.edu.coruna.gal
Servizo municipal
Emprego e Empresa (departamento de Promoción Económica)
Alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria e alumnado de Educación Especial de centros educativos do concello.
O proxecto trata de promover a adquisición da competencia emprendedora, a través dun instrumento central: a creación e a xestión dunha cooperativa escolar de fabricación de produtos, que posteriormente venderán nun mercado. Para iso, o programa reproducirá situacións reais no proceso de constitución dunha empresa e as súas actividades.
O alumnado destina unha parte dos beneficios obtidos na venda a doazóns a entidades benéficas, o cal tamén redunda en espertar un sentido solidario, e o resto dedícao a realizar unha actividade conxunta cos seus compañeiros/as.
O proxecto favorece o desenvolvemento de competencias emprendedoras entre os nenos e nenas (capacidade creativa, motivación, comunicación, negociación, toma de decisións, planificación...), traballando ao mesmo tempo materias transversais: cálculo, lingua, plástica...
O programa adáptase ao horario escolar e ás necesidades de cada centro escolar.
O obxectivo xeral do programa Semente é difundir a cultura da economía social e actitude emprendedora entre o alumnado de Primaria e de Educación Especial.
Os obxectivos específicos son os seguintes:
Fase I.- Formación do alumnado: 5 módulos de formación sobre cooperativismo e 4 talleres prácticos para a elaboración dos produtos.
Fase II.- Celebración do Mercado.
O proxecto consiste na impartición de módulos, por parte de docentes expertos en cooperativismo, sobre o que é unha cooperativa, a súa constitución e o desenvolvemento da súa actividade. Para a elaboración dos produtos o alumnado recibe formación de apoio (talleres prácticos).
As cooperativas participantes solicitan e obteñen no mes de abril a licenza de venda nun acto protocolario no Salón de Plenos do Concello.
Para finalizar o alumnado vende os produtos elaborados no Mercado Semente.
Desde outubro ata o mes de maio / xuño.
Setembro: período de información ao profesorado, inscricións, coordinación e organización dos módulos.
Outubro - abril: desenvolvemento de 9 sesións formativas (5 módulos de cooperativismo e 4 módulos de elaboración de produtos).
Abril: acto de entrega das licenzas de venda.
Finais de maio / principios de xuño: Mercado SEMENTE.
Desde o 16/09/2024 ata o 16/10/2024
Departamento de Promoción Económica
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible