Desde a Concellería de Emprego e Economía Social quérese promover unha acción de reflexión estratéxica conxunta sobre a Rede Local de Emprendemento emerxente e innovador (StartUp Hub), e as posibilidades para a súa dinamización, consolidación e potenciación da súa proxección exterior.
O actual contexto de crise económica e a crecente cultura do emprendemento innovador fan necesaria unha aposta desde un enfoque sistémico, aberto e participativo, que contribúa a consolidar o ECOSISTEMA de Emprendemento emerxente e innovador, poñendo en relación e optimizando o uso e complementariedade dos recursos existentes, aproveitando as vantaxes competitivas do territorio, mellorando a proxección supra-rexional e internacional á vez que se contribúa ao desenvolvemento dun modelo económico sustentable e orientado ás persoas e a calidade de vida no noso territorio.
Para todo isto fíxose un estudo do deseño e da implementación da Rede Local de Emprendemento emerxente e innovador (StartUp Hub), e as posibilidades para a súa dinamización, consolidación e potenciación da súa proxección exterior e que teña en conta unha perspectiva tamén metropolitana.
Tratarase de:
En referencia ao mapeo dos axentes implicados na rede ou comunidade de stakeholders, tivéronse en conta as seguintes entidades:
Emprendedores emerxentes e innovadores de relevancia no contexto local (metropolitano)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible